Un cuarto de século
... que se dice rápido.
Entra agosto e, a iso das oito da mañá, polo que me contou Mami, fágome un ano máis vella. E van 25. Que ten rima fácil.
Por agora estou a celebralo eu soa. Mesmo peguei un gorro de cumpreanos no monitor da oficina. Se queredes unirvos aos festexos, non tedes máis que imprimilo, poñelo e dar un par de chimpiños de felicitación, seguro que me chegan.
Instrucións:
Facer click na imaxe para que se amose a tamaño completo.
Imprimir o moderno e orixinal gorro de cumpleanos belukiano.
Admirar o seu deseño e colorido.
Recortar.
Darlle forma de chapeu (é necesario moito celo e/ou habilidade, abstéñanse torpemotrices e persoas con tendencia a ferirse co material de oficina).
Poñelo, se un non ten vergoña (podes agarralo ao pelo con clips para conseguir o auténtico efecto "cumple na oficina"!!)
Tamén se pode deixar por aí para ver se alguén pregunta que é e se une á festa, que polo de agora consiste en arquivar, dar credenciais Erasmus e ter sudores fríos cada vez que vexo os montóns de cousas por facer, que, por algún estraño motivo, nunca tenden a minguar.
O tempo tampouco está acompañando moito por agora, ben o sei, que estou no CUVI e está illado pola néboa e asediado por unha poalla noxenta, pero ha mellorar. De todos xeitos, como di a canción, no one's gonna rain on my parade, ou no meu belubirthday, que pa' o caso é o mesmo.
Así que toca voltar aos "ori bos días" e os papeis varios, xa o celebramos con cañitas esta tarde.
Parabéns para mín e bicos para vós.
they say goldfish have no memory
i guess their lives are much like mine
the little plastic castle is a surprise every time
and it's hard to say if they are happy
but they don't seem much to mind
Ani Difranco -- Little Plastic Castle
E estas son as cousas coas que me sorprenden meus pais...
Fai moita ilusión cando atopas un correo novo
antes de te deitar cunha homenaxe semellante.
Graciñas. Quérovos :)
2 Dime ti
Felicidades guapetona!!!
25 añitos... quién me los diera!!! aiiins!
Tengo un problemilla con mi impresora, no es en color, con lo que tu gorrito-cumple no luce lo que debería... casi casi parece un cucurucho de castañas asadas, y no es época!
En fin... que esta tarde si me tomo una caña (q me la tomaré) será a la salud de los 25 años! que molan que te cagas!! jeje
Moitos bicos!
12:35 p. m.
Ah! pues si mañana te cruzas por Vigo a Fran, el chico más guapo del mundo mundial, felicítalo!! que también está de cumple...
Morenazo guapetón, chulito pero encantador...
Si lo ves le plantas un par de besazos de mi parte... con toda confianza!
2:57 p. m.
Publicar un comentario
<< Home