// we don't look / like pages from a magazine / but that's all right // let's do it all imperfectly //

sábado, julio 22, 2006

Todo n

Admítoo, jodeume que Pedro actualizase antes ca mín. Entre outras cousas porque tiña preparada unha frase introdutoria aludindo á súa falta de renovación e, ala, vai e volve ás andadas.

Pois mira, dáme igual. Agora xa foi, Marica non chores.

Eu dispóñome a renovarme (o morir!), con todo o meu orgullo e coa esperanza de que o meu estado neuronal, a golpe de mediodía do sábado e acabada de levantar, sexa óptimo.

Factor importante: deiteime ás 7:30
Factor importante (II): levanteime ás 11

Logo...

N2= 7:30

Pero non é tan fácil, xa que:

N2= [S+(Cx4)+(Wxn)]n

Donde N2 é a noite de ontes e S é cóctel de sandía. Todo "n" veces. . Ad infinitum. Ou hasta as 7:30. Iso si, curiosamente, [S+(Cx4)+(Wxn)]n non é sempre nin necesariamente igual a 7:30. Podería ser peor.

A combinación dos factores en N2 cos locais en V (sin elevar a nada, só V de Vigo) foi moi satisfactoria aínda que melancólica ao mesmo tempo. É a cousa das contínuas despedidas, que agora son as últimas despedidas, que me pon mítica, melancólica e nostálxica e me falta ir inmortalizando o mundo cunha polaroid coa lagrimiña pingando. Quen me dera unha polaroid, agora que o penso...


E vós diredes, vale, moi ben, N2 totalmente controlado, pero qué pasa co resto de J no que estiveches perdida?

A verdade é que non estades pensando nada semellante porque non vos interesa, pero estamos ao que estamos.

∫ ≈ ∞, ∑!

É dicir, integrémonos e prosigamos, que tempo hai.


J= BCN+[K2-(R+A)]+F2

Pois si, meus queridos lectores, a comezos de xullo fun a Barcelona. E ben que o pasei, a pesar da sobredosis de antihistamínicos que levaba tódolos días e a combinación de pateadas incribles con calor mortal.
Ou sexa: unhas minivacacións en toda regla e moi contenta, moitas gracias. Vin todos os monumentos e cousiñas que había que ver, paseei a modo de reencontro zen comigo mesma (+mp3) polo Port Vell e polas Ramblas e subín a un monte en escaleiras mecánicas. Vós estaredes afeitos a que existan esas escaleiras, pero eu no. Ascendamos cara á obesidade e a flacidez... claro que sen elas, tira algo do ©.
Todo moi ben, obviando o nada inesperado retrasísimo de Iberia con cambio de avión incluído.
Temos documentos gráficos que serán colgados á maior brevidade. Desculpen as molestias.

Seguindo a fórmula pola orde que ten, que ao mesmo tempo é cronolóxica, direivos que esta finde pasada fun á casa:
K2-(R+A)
onde K2 é casa, R é o tinte rojo e A é a amigdala. A dereita, para ser exactos. E debería estar elevada a n tamén, pero agora que xa curou non me quero poñer quisquillas.
Pois alí fun. Viñeron buscarme os pais e así xa fumos levando libros (que teño uns cantos) e algo de roupa para a casa. Vin á xente, viñeron Iria e David con María e Fernando e celebramos o cumpleanos de Mami, que está de quince pero en realidade ten algún aniño máis.
E despois eu collín amigdalitis, co que os meus dous soñados días libres se convertiron nunha festa de Zitromax e Gelocatil. E fiebre, claro.

Pero, unha vez máis, agora xa foi Beluka non chores.

De volta na cidade olívica, con forzas renovadas, especialmente tras unha boa sesión de rebaixas e un gran concerto de Franz Ferdinand o xoves en Castrelos.


A verdade é que teño unha semana feliz a pesar dos pesares e non me poido queixar.
Nin sequera me vou queixar da calor, sobre todo porque en Vigo está bastante soportable e falar do tempo cando todo o mundo anda cocido perde moita gracia.

Non teño posta música, pero seguindo a vea nostálxica pre-despedida de Stefan, déixovos isto.
E bicos.


For what it's worth,
it was worth all the while.
It's something unpredictable
but in the end it's right.
I hope you had the time of your life.

Time of your life -- Green Day


P.D.- Antigo proverbio chinés: Si o pos de lao non ronca, pero de lao non s'aguanta.

1 Dime ti

Blogger Reich di...

Aínda venden Polaroids??

Seguín investigando despois do teu comentario, e mira o que encontrei:

amor s.m.
1. Sentimento de grande afección, amizade, tenrura, simpatía, etc., [que se experimenta por alguén]. Tenlle moito amor á familia.
SIN. cariño. Sen amor non pode haber convivencia.
ANT. odio.

2. Sentimento de grande afección, tenrura, etc., acompañado de atracción sexual. Viviron unha longa historia de amor.
ANT. odio.

3. Sentimento moi forte de apego [a un ideal], gusto moi vivo ou forte inclinación [por unha cousa, unha actividade, etc.]. Amor á patria. Fai o seu traballo con amor.

4. Persoa amada. Teño un amor en Rianxo.
SIN. querer
CF. amado.
s Amor propio.Desexo de ser estimado.O seu amor propio non lle consentía tolerar eses insultos.
SIN. dignidade, orgullo.

Face-lo amor.
1. Cortexar, face-las beiras, tratar de obte-lo amor dunha muller. Ándalle a face-lo amor a unha rapaza de Lugo.
SIN. face-la corte.

2. Ter relacións sexuais, realiza-lo acto sexual. Fai o amor con quen lle gusta.

Moito mellor!!

Bicos.

4:32 p. m.

 

Publicar un comentario

<< Home