You fill in the mortar. I raised the wall...
Pode parecer un escenario de guerra, pero non o é. É unha vista dende o meu balcón esta mañá*.
A folga do metal segue en marcha e parece que un dos seus sitios favoritos de Vigo é a Gran Vía e a Zona de Praza España.
Ao queimaren tantos contenedores (na primeira foto contánse 2 ou 3, as miñas fontes infórmanme de que houbo máis pola gran vía) e montala tan parda, as forzas da orde viñeron en hordas e en moitas furgonetas azuliñas desas, ateigando a praza. Antes diso, a rotonda estaba chea de xente. A xente botou a correr pero a algún lle caeu a clásica pelotiña de goma.
A mín, sinceramente, impórtame un pouco máis o perigo dos incendiarios e a tremenda fumareda que, aínda que dura pouco, lle vai chegando. Nesta foto vese que a casa da veciña o pasou peor que a miña (grazas Iago por pechar a miña ventá).
As novas do incidente chegáronme vía messenger, co cal un se acojona máis e chega a pensar que as árbores colindantes sufriron a combustión e a propagaron pola miña vivenda... e sempre lle asalta a un a pregunta de qué salvaría, de todo canto ten na casa, das devoradoras chamas.
Que salvaría eu? Nada, porque con algo de sorte as cousas arden cando non estou. Pero se se me permite alterar a pregunta, botaría de menos a Pepe Portátil, aos meus libros e aos meus cds. Tamén botaría algo de menos ter roupa.
Esquezamos por agora o cadáver de contenedor adherido ao asfalto.
Preguntémonos por que o iTunes, posto en aleatorio, me estivo torturando un bo rato con tristezas ao estilo The Scientist de Coldplay, I remember de Damien Rice ou Sad Eyes de Josh Rouse. Eu encantada, pero creo que non é o que necesito hoxe... Agora estase portando mellor, cos Strokes, Fountains of Wayne, Bloc Party ou a mítica chorrada que no fondo me segue encantando, I wish you were dead, de Scheer.
Remuaks e ata pronto
p.d.- Nun estado de desesperación, empezo a soñar con estar dentro do contenedor en chamas... por que o bloqueo do "escritor" non vén cando un non ten nada que redactar?? Morte ao DEA.
I'm gonna get my shit together
'Cause I can't live like this forever
You know I've come too far
And I don't want to fail
I got a new computer
And a bright future in sales
Yeah, yeah
A bright future in sales
Yeah, yeah
A bright future in sales -- Fountains of Wayne
Get bugged down, distracted
We make plans for good times
All neon, all surface
So kiss me before it all gets complicated
Plans -- Bloc Party
____________________________________
*Xentileza do Iago, que ten as mañás "ociosas".
0 Dime ti
Publicar un comentario
<< Home