OZ (tiás, Pedrín)
Acordádesvos da peli do Mago de Oz? Cando acaban coa bruxa mala e ela di "me derrito! me derrito!"? Pois esa é a miña sensación agora mesmo. Creo que mermei e todo.
Recoñezo que o interior se está volvendo hostil e non sempre se está mellor nel, pero non me queda outra, con tanto traballo que corrixir. Aínda así, hai moitas posibilidades de que pise a praia mañá. Ás miñas amigas vailles vir ben ter a alguén cor branco nuclear ao lado para que lles dea máis o sol a elas. Só espero non acabar como o meu compañeiro de piso, que está tan incandescente que queima as retinas.
Por se os sudores que sufro en canto as temperaturas suben foran pouco (xunto cos pés inchados, claro está) pola mañá escachoume unha botella de estrella no chan (por que, querida amiga, estrelliña, por que?) e caeuume un anaco de cristal nunha deda. Hai que ver, unha parte do corpo tan pequena e o moito que sangra. E, claro, como non hai 2 sen 3, foi o momento no que soou o teléfono. A imaxe de mín dando chimpos sobre a perna esquerda á procura de servilletas para frear a hemorraxia e tiritas (só teño unhas enormes... pobre dediña, parecía un verme xigante) non tiña desperdicio.
Agora xa parou. O calor non, ese segue, pero eu xa quitei o edredón. Era ben mandarlle un pouquiño de sol aos pais, que están envoltos pola néboa da mariña lucense e cobixándose do frío. Xa pasará. E se non, vídesvos onda mín e facemos festa de margaritas e sombreiros de palla no balcón. Non era mala idea, a verdade. Tomo nota. E sigo ao meu.
Unha aperta pegañenta e un abanicamento de maus.
the heat is so great
it plays tricks with the eye
it turns the road to water and then from water to sky
and there's a crack in the concrete floor
and it starts at the sink
there's a bathroom in a gas station and i've locked myself in it to think
and back in the city
the sun bakes the trash on the curb
the men are pissing in doorways
and the rats are running in herds
i've got a dream with your face in it
that scares me awake
i put too much on my table
and now i got too much at stake
Shy -- Ani Difranco
0 Dime ti
Publicar un comentario
<< Home