Hairdresser addicts of the world... unite!
Fixádevos cantas veces vos escribo esta semana... Os que buscan boas doses de actualización estarán contentos! E máis se vos fixades nos cambios que fixen!
O html non ten misterios para mín! O blog luce cara nova grazas a un banner de publicidade (totalmente gratuíta) doutro blog amigo (non ías ser ti o único, Pedro) procedente da fermosa Canadá.
O Home Inútil por excelencia (a saber, One Useless Man) pídeme que explique a frase do banner. Dora vénvos sendo unha exploradora dun programa co que os anglosaxóns intentan aprender español. E dáme igual que non vos faga gracia porque a mín si que ma fai.
En fin, que recomendo os delirios desta tropa que nos amosa que xente tola e consellos inútiles de carallada os hai en todo o mundo.
Por se alguén está tímido e non investiga por si só, informo de que tamén engadín un reloxio para que vexades o rápido que pasa o tempo mentres vos deleito coa miña incomparable prosa.
Como o blog non iba ser o único en cambiar de aires, eu volvín á miña cor de pelo favorita. Non teño fotos (aíiiiinda), pero unha da voda válevos para recordar esa excelente cor. Me encanta.
Gustaríame poñer algunha de agora, aínda a risco de parecer narcisista, pero Mattias (o móbil) está no médico outra vez e a cámara deixeilla a Reichel que quere sacar fotos da evolución do seu piso dende o derribo de paredes ata a habitabilidade. Pero creo que a debería recuperar hoxe ou mañá para levala a Porto á excursión Erasmus.
A otra cosa, mariposa (To another thing, butterfly)
Por cieeeeeerto!!!
Podedes titular esa foto miña "mujer emocionada", porque mi (bueno, nuestro) libro está no mercado. A miña querida irmá mandoume uns links (1, 2, 3) sen interés algún pero nos que, polo módico prezo de 14'96€, podedes adquirir un libro moito máis interesante e educativo que El Código Da Vinci, que a mín me ten traumatizada...
A ver...
Eu non lin o bon do libro, pero pregúntome (angustiada incluso)
QUE CARALLO PASA CO LIBRO?
Poida que estea falando sen saber, pero, non pode ser ficción? É que me imaxino que un día se monte unha así por un libro de ciencia ficción...
En serio, imaxinade que un paisano escribe un libro de extraterrestres e dice que ten fontes, que tan de ficción a cousa non é... Aínda se levantan catro millóns de neptunianos ou de habitantes de Blargon-8 e veñen currarnos a todos por profanos e logo póñense en folga de fame cando saquemos a peli, coma o indio que saía no telediario.
En fin, Pilarín (e o resto) que hai que teclear para outros fins menos entretidos pero máis necesarios.
Xa vos contarei de Porto se sobrevivo á fin de semana soa, que Landry está en Sevilla (ese sevilla!) e o Iago marchou hoxe a Madrid.
Varias xenuflexións e oito reverencias. Sólo para vuestros ojos.
Weekend party's over,
Don't stop,
let's get closer.
Friday, got cold shoulder,
Monday, got a new composure.
Weekend party's over,
Don't stop, let's get lower.
I won't blow your cover,
Opportunistic lover.
Weekend party's over,
Don't stop, let's get closer.
Friday's mediocre,
Monday, I'm self-exposed now.
Weekend party's over,
Don't stop, let's suppose-ah
I won't blow your cover
Opportunistic lover.
O. Lover -- Jason Mraz
0 Dime ti
Publicar un comentario
<< Home