// we don't look / like pages from a magazine / but that's all right // let's do it all imperfectly //

viernes, junio 30, 2006

Mira tú pa' o Bronco

Esta é unha entrada desas que unha ten que escribir. Das que, cando che pasa algo, dis "isto pa' o bló".

Podo comezar dicindo o que estaba facendo e a repentina sorpresa que me sobrecolleu, pero a cousa non foi así. Isto non ten nada de especial. Pero dalgunha forma terei que empezar.

Pois alí estaba eu, cal patacón sesteiro tirada no sofá, sen durmir (extra! extra!), vendo a tele e, se o Iago non tivera cambiado nun momento de sopor que tiven, estaría vendo Channel nº4 coma se me interesase.

Pero, cousas que ten a vida, Iago puxo Discovery Channel antes de marchar. E xa me tedes alí vendo Overhaulin'. Sempre vía os anuncios pero nunca me cadrara (porque se alguén sabe a qué hora botan qué no Discovery, que me avise, porque eu penso que sempre poñen o dos que viron fantasmas pegados ao teito e logo os abduciron).
[Para o que non saiba o que é, évos un programa co argumento básico de coller un coche chulo pero feito polvo e do ano da pera e refacelo todo. Pero o dono do coche non o sabe, dinlle que o levan para outra cousa ou que llo roubaron e logo danlle unha sorpresa.]

Pois non vou e me emociono!

En serio.

Emocionada de verdade. Supoño que como lle pasa a outra xente con Sorpresa, Sorpresa ou o Diario de Patricia ou nas pelis románticas. Si, señores, eu emociónome con Overhaulin'.

Pero é que tíñades que ver ao pobre Miles que deixara o seu Bronco clásico do 70 e pico para unha sesión de fotos e logo lle dicían que o famoso das fotos quería quedar con el (porque gastan bromitas tamén, para darlle emoción por se a alguén non lle gusta ver cómo lle dan 5 maos de pintura a un capó). E vai e sae da limusina o do programa (Miles sabía quen era, eu no) e Miles dáse conta de que é unha broma e lévano ver o Bronco renovado. (O Proceso!)

Ai, cómo se emocionou. E dáballe abrazos aos que pintaron a chapa, aos que puxeron tapicería, aos das rodas e a todo o equipo. Mesmo os había que viñeran dende Indiana para amañarlle o bon do Bronco! (pausa para admiración). E eu emocionada.

Logo van e danlle unha Fender decorada coas mesmas cores que o coche e despois de que abrace a todos oitocentas veces e lles dea as gracias outras mil dinlle que foi cousa da muller... e non vai e se pon a chorar!

Pois nada... que me sorprendín a min mesma... Seica si que amoso as emocións. Sempre e cando haxa un Bronco. Que se sale, por certo.





*E un regaliño para os amantes da cervexa (Co rato inclínase o vaso, un clic abre o grifo, outro clic péchao). Non é por fardar, pero conseguín unha "perfect biertje"... que está guay, vaia.



Don't you wanna ride in my
Survival car
We can take the long way home
Through Central Park

Survival Car -- Fountains of Wayne

1 Dime ti

Anonymous Anónimo di...

Créme, irmá, non só te sorprendiches a ti mesma... Creo que necesitas desesperadamente un "ghobi"... e non do deserto nin do Señor dos Aneis... senón deses daquelas primeiras clases de inglés con 8 anos: Describe your hobbies...

Nota mental: valorar a posibilidade de exportar este programa a Antena 3 con coches tuneaos...

10:27 a. m.

 

Publicar un comentario

<< Home