Soy He-Man!
Por se alguén o dubidaba, si, é unha coña mala porque vou facer un Máster. Non do Universo senón en Edición, pero sempre se me ocurre a misma tontería. Ou a do Máster de Augusta, que me parece peor incluso.
Rebobinando...
O ano pasado xa pensaba en facer este máster en edición, que vén sendo en Madrid.
Fixen a inscrición, fixen unha entrevista e déronmo, pero pareceume que tiña moito que facer e non fun. Este ano inscribinme outra vez e parece ser que, como me admitiran o ano pasado non teño que facer entrevista ningunha, que estou admitida e que, pois si, parece que vou cambiar a miña querida cidade olívica pola capital do reino a partir de outubro.
Estraña sensación...
Volvendo ao presente...
As miñas desculpas por non actualizar isto abondo, pero a verdade é que, para variar, me estreso con todo o que teño que facer. Non só iso, senón que o faigo! Co cal, no resto do tempo libre dedícase unha a adquirir maniotas, aprender alemán e ir tomar algo para relacionarme con seres tridimensionais.
Así que volvo ao tajo. Infinitos saúdos aos compañeiros de caipiriñas, caipiroskas e bailes do venres.
Algunha idea para a clase do martes?
Apertas!
_____________________________
Listen to the music of the moment come and dance with me
À la happy family
It's your God-forsaken right to be loved
I'm Yours -- Jason Mraz
Este mes, toca Jason a morir... xa queda menos para o concerto!
0 Dime ti
Publicar un comentario
<< Home