Divina (Comedia) de la muerte
Pasei bastante tempo sen ver na tele máis que CSI e, dende que o descubrín, House. En serio, pouco máis. Ultimamente, no entanto, teño sentado diante de tan desagradecido aparato algunha vez máis, deixándoo funcionar como simple música de fondo.
A pesar de que a televisión española deixa moito (pero moito) que desexar, hai cousas visibles. Malo que se faigan intragables coas interminables sesións de anuncios que, coa chegada da primavera, se poderían resumir nun anuncio de anticelulíticos de 15 minutos de duración.
Se unha quere reducir as acumulacións e reafirmar a pel (que está súper de moda) a verdade é que se ten que desvivir para decidir cal escoller… Paréceme un auténtico pesadelo. Éche o bon que ten ser estudante, que mercas o máis barato e esperas que, combinado con exercicio e boa alimentación, funcione. Este ano estou por tirarme fotos do cú antes e despois e comparalas a ver se funcionan de verdade ou se está todo na miña mente. O caso é estar divina.
Pero… que carallo fago eu falando da tele no día do libro?
A verdade é que non o sei… Será porque teño a cabeza a mil e hai tempo que non leo. Éme máis fácil apagar a tele que pechar un libro e, como teño moito que facer, intento perder o mínimo tempo posible. Difícil, pero sigo intentándoo.
Pode ser tamén porque xa falan o resto abondo, algúns con (ao meu xuízo) unha grande idea, outros lembrando simplemente a morte de Cervantes e o curioso que é que cadrara coa de Shakespeare. Oín tamén a alguén dicir na tele que aínda que Shakespeare morrera o mesmo día a nós non nos tiña que importar, que o que importaba era Cervantes. Tan panchos.
A mín, persoalmente, tanto me dá o nacional que o británico. Se é o día do libro, que sexa o día do libro. Que o merece. É un vicio caro pero bon. É unha alegría velos a todos xuntiños nas estanterías, aínda que sempre me veña á cabeza como carallo farei cando me mude.
Feliz día do libro, aínda que quede pouco. Feliz primavera, que aínda lle queda.
Sen máis novidade, con moito traballo pero menos estrés, despídese esta humilde aspirante a escritora (Se cadra algún día fago caixa con esto do Sant Jordi). Seguiremos soñando... digo, informando.
____________________
Hoxe teño o iTunes apagado, pero o sol sóname a reagge ;)
I'm Yours -- Jason Mraz
2 Dime ti
Thank you!
[url=http://bzheaorg.com/vrwq/ffii.html]My homepage[/url] | [url=http://pqumnmqt.com/zybs/sprr.html]Cool site[/url]
4:20 a. m.
Thank you!
http://bzheaorg.com/vrwq/ffii.html | http://dgilczea.com/ovdq/htmq.html
4:21 a. m.
Publicar un comentario
<< Home