Good for the lads
E a ver por que non o vou ser. Si, ademais, de título podo poñer o que me dea a gana. Así son eu. Más chula que un ocho.
Para redondear ese momento de cómo-me-molo e que quede realista no mundo belukiano agora entraría a tos en estéreo e o sorbemento moquil. Tal é o meu estado mentres escribo.
O caso é que algo mellorei, pero teño un pequeno atascamento das trompas de eustaquio e, debido á medicación, todo neste mundo me sabe a paracetamol nos seus diferentes formatos.
Como o simple feito de poñerse enferma cando acaba a época monzónica que asulagou Vigo e gran parte da península non fastidia abondo, esta finde tiña visita. Viñeron Iria e David (irmá+cuñao, para os desinformados) e eu tiña planeadas múltiples actividades de ocio (algunhas polo menos), pero a cousa con fiebre complicase. Aínda así penso que fixemos cousas e estivo ben, pero sei que poderiamos terlle dado á cacha algo por aí de non ser por esta enfermidade miña. Outra vez será. Pasámolo ben, verdá? Pois boa viaxe, biquiños e avisade ao chegar á capital do reino :D
Foi unha semana de estrañas sensacións. Destas sensacións chungas, como que sintes que non estás ben e que te cabreas faga sol, chova ou vente; que estás coma quen que tes ganas de berrarlles a todos os que saen na tele e que necesitas animarte por todos os medios.
Eu pensei que un bo método para me animar era ir de compras.
Craso error.
Sempre se dixo que a moda era para as sílfides de metro-ochenta e tal, e eu nunca pensei que fora tan verdá fóra das pasarelas. Pero agora a industria textil anda tocando o carallo.
Agora a roupa só aumenta de largo (longo) ao aumentar de talla, parece. Tamén parece que a todo mundo lle teñen que quedar ben os pantalóns piratas e as chaquetitas toreras*. Pois a min non me quedan ben e non penso ir cos cadrís ao aire, como diría miña abuela. E non polos cadrís, precisamente, senón porque mentres non baixe as dimensións do músculo barriguil pode parecer que a torera a uso porque nada máis me abrocha do peito pa' abaixo. Tampouco é que me gusten moito, pero home...
Máis aló das toreras, na absurda escala das prendas incomprensibles, están as mangas. Pretenden que creamos que son chaquetas e costar costan o mesmo, pero realmente son mangas, unidas pola espalda, pero sen o resto da chaqueta. Que coñezo a quen lle quedan ben, que si, pero por dios, que non deixen de fabricar chaquetas de manga larga. Non quero ter que escoller se tapar o corpo ou do codo para abaixo. Ou vou ter que comprar 2 e poñelas á vez.
O sábado conseguín comprar algunha camiseta, polo menos. Xa me sinto algo mellor. Fáltanme un par de elementos de fondo de armario (agora que por fin cobrei. saltos e cabriolas) pero todo se andará.
Ai, teño unha uña rota. Está así como en laminiñas, que non mola nada. Síntome super-basura. Snif. Jo.
Anyway...
Por certo, baixeime (ilegaaaaaal) un directo do señor Mraz e 'tou que non mexo por ir ao concerto en maio. Síntoo pola xente que me teña que aguantar escoitando case todo o día o mesmo e poñendo algunha foto del no messenger, pero évos o que hai. 'Tou emocionada por ir ver ao Álex a London e a fase de preparación psicolóxica e vestimental pre-londres-con-concerto vaime durar largo. Sintiéndolo.
Emociónintrigadolordebarriga.
Toca currar un pouco e recuperación total que mañá e luns.
Puaj.
Arf.
En fin.
Bicos.
...I gotta get you down those tiny fragments of perfection they please me in a time unchanged when its not the same beginning or along awaited end... if I knew all the words I would write myself out of here if I was all the colors I would paint you pretty in gold in a picture so I'm told little sister so now I'm sold little sister why don't you tell me about the sunsets in sweden and the laws of eden and how you were the rock of gibraltar and how they called you foxy well that's another whole box of pandora's, that's another whole box of them ties slide your foot off the gas before we crash right back into the median it separates our house from the middle of the street...
0% Interest -- Jason Mraz
________________________________________
*Se as toreras se extinguiron a mediados dos 90, despois de Mecano e da época da Madonna-pre-pinzas-de-depilar-cexas, por algo sería**. He dicho.
** Coma o pelo cardado, as mallas con goma para agarrar debaixo do pé ou os vídeos chungos eses de Aerosmith con Alicia Silverstone.***
*** Olvidade o dos vídeos, que agora tamén os hai peores que o de Amazing, a pesar do momento realidad virtual e todo. En serio.
0 Dime ti
Publicar un comentario
<< Home