// we don't look / like pages from a magazine / but that's all right // let's do it all imperfectly //

viernes, marzo 24, 2006

Oda á poza



Este tempo é normal, me comentan. Pode ser típico desta época do ano, non vai ser sempre vrao, pero normal, normal non é.
Para muestra, un botón. Ou, mellor dito, os cadáveres de 5 paraugas (non se distinguen, pero conteinos in situ) abandoados na papeleira da parada de bus da facultade de Filoloxía e Tradución.
Esta escea repítese por toda a universidade: varillas estradas, paraugas mutilados, contenedores movidos, estudantes afogados... Bueno, tanto no, pero é o que falta. Nunha universidade, claro está, que está especializada na creación e protección das goteiras. Yupi.

E é que ontes foi un escándalo. Habíadesme ver indo a clase de alemán. Foi a hora á que máis caía. E digo caer por dicir, porque chovía en horizontal e en remuíños do vento que facía, no canto de seguir unha traxectoria descendente recta. Nin corta nin perezosa botei a andar cara ao edificio de ampliación de Teleco, onde é a clase.

Atravesar o centro comercial non ten misterio ningún, pero entre a reitoría e o CACTI había unha poza tamaño Andorra de como dous metros de profundidade. Pareime. Analicei a situación. Observei os diferentes niveis de profundidade e atopei o que nun día normal sería un "puto bache" pero en tales circunstancias era unha "illa". Din un chimpiño e, coa gracia dunha bailarina, situeime no pequeno montículo e volvín analizar a miña situación.

>> Scanning surrounding area >>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>
Data input >> invalid
Situation >> dangerous
>> ABORT MISSION
>> ABORT MISSION
>> ...

Pos no.

A distancia "pocil" (de poza, enténdese) ata a pequena beirarrúa de diante do CACTI era insalvable coas miñas pouco atléticas pernas. Nin que dicir ten que a distancia ata o asfalto á miña dereita era inmensa. Non obstante, o normalmente pouco amigable vento amosou un pequeno bordillo baixo unha tea plástica colocada a modo de valla á miña esquerda.
Lembrando os mellores movementos do meu querido Prince of Persia, volvín choutar, esta vez cara ao bordillo. Unha vez conseguido o meu obxectivo de poder apoiar un pé no bordillo e non caer á poza agarrándome ao plástico, só estaba a un saltiño de distancia da beirarrúa. Abort mission dicía, ja!
Teñamos en conta que durante todo este proceso de análise e saltos varios seguía xarreando en plan monzónico, con ventos furacanados de forza titánica. Gracias, Dios, polos calentadores e as cazadoras impermeables. Só unha preguntiña, podes facer que todos os rimmel señan waterproof?

No seguinte nivel (chámalle x), deixei o CACTI atrás, o cal lle deu a oportunidade ao vento de demostrar que o do bordillo fora sen querer facerme un favor. Azoutada polo vento e por pingas-proxectil, intentei protexer a cara cunha bolsa de plástico con libros que levaba e, ao mesmo tempo, baixar as "escaleiras" de terra con troncos (escaleiras... risas mil, arquitectos do carallo) que dan a Teleco. Inúndame o orgullo ao dicir que non caín polas escaleiras, como sería normal en min, pero a tarea non foi fácil. O vento empuxábame os libros á cara e, chegados a este punto, pingábame tanto o flequillo que me entraba auga nos ollos e se me empañaba a lentilla (que xa non está moi ben graduada). Así que a imaxe básica era unha eu axitando unha bolsa con libros coma se lla estivese ofrecendo a Thor para que parase dunha vez, pestanexando incesantemente e baixando as escaleiras cos pés revirados para non esvarar nos troncos nin chantarme na terra convertida en lama.

Pero cheguei, que é o importante. Quitei todo o rimmel escorregado que puiden, escurrín o flequillo (a perrera, que diría meu pai) e aprendín algo de alemán durante dúas horas nas cales os vaqueros empapados se me fusionaron coas pernas. Poida que nunca máis seña capaz de sacalos. É o prezo que se paga por tomar tales riscos.

Hoxe a cousa foi mellor. Esperemos que mañá calme abondo ou algún erasmus vai saír voando aló pola torre de Hércules.

Para subir os ánimos, máis Jason.

E un café.



Climb up over the top
Survey the state of the soul
You've got to find out for yourself whether or not you're truly trying
Why not give it a shot?Shake it. Take control and inevitably wind up
Find out for yourself all the strengths you have inside still rising
(It's you I love)

Song for a friend -- Jason Mraz