Willy Wonka e o vórtice porcino
Benvidos ao descubrimento dun vórtice espacial que crea cochos rosas cando o ceo está azul.
Nestes momentos atopámonos en época de nubes e claros, polo que a produción de cochos se ve interrompida por choivas repentinas e grises nubarróns empurrados con violencia sobre a cidade por ventiscas e furacáns, tamén coñecidos como borrascas. Pero se asomades a cabeza á ventá e mirades cara arriba, estirando ben o pescozo e entrepechando os ollos para ver mesmo as cousas máis pequenas poderedes ver de que vos estou a falar.
Se cadra os cochos rosas só se ven en certas zonas ou só en días festivos. Aquí celebramos que un día chegaron moitos franceses e quixeron facerse coa cidade e os vigueses dixéronlles "nel del panel" e reconquistaron a cidade.
Sinto interesarme pouco pola historia desta cidade, pero non creo que sexa a única á que lle importa máis o feito de que hoxe sexa festivo que o porqué.
Porque, ben mirado, ontes foi viernes, ou lurnes, e hoxe é marmingo, ou dortes ou calquera outra mestura que me permita durmir ata mediodía despois dunha intensa sesión de bailes nocturnos na Fábrica de Chocolate. Gracias señor dj, pasámolo moi ben. Ao tío de padre don rúa que lle dean e lle rompan os fuciños. O resto foi excelente e inmellorable. Coma os vórtices creadores de cochos rosas.
Dada a aparición deste fenómeno que non sei se é meteorolóxico ou soamente porcino, quedei absorta entre o ceo e a pantalla deste meu portátil (Pepe, para os amigos) e o día foi pasando inadvertido entre tecleos, limpezas e pensamentos varios.
Se cadra todo é produto da miña mente que se debate entre o aburrimento e un estraño peso gris no peito. Para todo hai días. Por exemplo, hoxe é día de Champions (Barça-Benfica) e mañá é día de garabullos.
Bisous
Sad eyes
You are the only one
Whose blue skies are gray
So don't cry
You'll be the only one to make them go away
Yeah you could make them go away
sad eyes -- Josh Rouse
P.D.- Reléome. Léome entre liñas. Véseme?
0 Dime ti
Publicar un comentario
<< Home