Ein?, au-au, uff e yiiiii
Levo tempo sen dar sinais de vida e, aínda que se me poño podo escribir ata mañá, non quero atosigar. E fai un día bo de máis para quedar diante do ordenador sen fins académicos (iso toca despois).
Vaiamos punto por punto.
ein.- m. s. Son que expresa dúbida, falta de comprensión ou de audición ante o pronunciado por outro interlocutor.
O catarro que me atacou a finde que viñeron Iria e David optou por trasladarse ao meu oído esquerdo o luns. Léase: non oía chispa. Iso dificulta bastante dar unha clase, por certo. E dada a manía que teñen (e tiñamos!) os estudantes de crer que cando a profesora pregunta que qué dixeron significa que meteron a pata nalgo, as miñas alumnas non daban entendido que de verdade non oía.
Peeero… todo pasa e, aínda que non se me destaponou de todo, podo afirmar que estou curada.
au-au.- m. s. Expresión de dor. Pode substituír a unha petición de amputación dun membro.
O mércores comecei no ximnasio. Resultou ser, polo que me comentaron, un día no que a tía se pasou bastante. Eu non o tería notado porque unha soa serie de abdominais, dado o meu estado de inombilidade de ultimamente, xa soaba a tortura, pero quero que conste que o aguantei bastante ben.
Seica era GAP. Eu xa tiña feito GAP. Pero aquel GAP ao lado deste queda en G ou GA como moito. Dar, din feito. Iso si, o xoves foi unha horrible tortura agujetil… preparación da verdadeira tortura do venres. Creo que non tuvera tanta maniota na vida. Sufrín o innombrable subindo escaleiras e andando. Pero, como se adoita dicir, as maniotas quítanse con maniotas. Así que volta ao ximnasio facer body-combat (je, je) para devolver a vida ao meu corpiño desfeito.
uff.- m. s. Proclamación de cansanzo extremo e dificultade de movementos / Indica estado de atrapamento nun sofá ou outra superficie blanda.
Pois eso foi o Sábado.
O viernes, despois do gym, dunha ducha rápida e de cear con Reich, viñeron os alemanciños, Ali e Marie ao meu piso para tomar algo antes de saír. Era un día importante porque Marie, a nosa sueca favorita, marchaba, primeiro a Andalucía (onde está ahora) pero despois a Suecia, de forma permanente.
Ali non saiu, pero o resto dímolo absolutamente todo, e iso que, coa cousa da semana santa, había pouco ambientillo.
A mín déronme as 7 e algo (hora á que tamén me erguera… iso bon non pode ser) e preferín irme, tras conseguir desfacerme do abrazo do oso de Marie, que xa dera en chorar. Como non apetecía chorar, mellor ir á casa cando un xa non pode máis.
A resaca sabadil, polo tanto, foi sonada, pero entretida, se vos son sinceira. Revivín a iso das 8 da tarde, tras xacer no sofá en estado de semiconsciencia vendo o que botaran na tele (nin o sei nin me importa). Pero, ai meu amigo!, que arredor das 9 me apeteceron tortitas… E como un non se pode negar aos antollos da resaca, alí acabamos o Iago i eu comendo tortitas con sirope de arce ás 11 da noite un sábado. Memorable. Agora xa sei facer tortitas.
yiiiii.- m. s. Expresión de xúbilo
Porque é semana santa e son vacacións. Xa estamos a mércores así que eu poño rumbo á casa mañá cediño (mellor que hoxe tardiño, é) que xa teño ganas!
Aproveito os días libres (e sen descontar das vacacións… eu non fun, pero tampouco me vou queixar) para poñer a casa e os traballos varios, tan desorganizados, ao xeito.
No que á casa se refire, tócame limpar o baño, porque ontes o Iago xa deixou a cociña coma unha patena. Se cadra as formigas xa non volven e non é necesario “matar á raíña, coma nas pelis de vampiros” (Iago dixit).
Mañana más, que dicía o outro.
No mesmo bat-canal… pero non á mesma bat-hora. Pena.
3 Dime ti
porque aunque no lo creas, tienes voyeurs... lo que pasa es que en mi caso, la gente deja comentarios para compensar mi falta de calidad literaria, mientras que aquí el nivel está tan alto que da miedo comentar nada, por aquello de no estar a la altura...
yo también digo yiii!! hoy a partir de las 14:30, y hasta el martes... madre mía, que panzada a hacer el vago me voy a pegar...
con un poco de suerte, encontraré un momento para escribir algo...
disfruta las vacas...
9:26 a. m.
Great work!
[url=http://vrngoawb.com/gpfi/kwoh.html]My homepage[/url] | [url=http://tocznzyn.com/hmnr/imcr.html]Cool site[/url]
4:22 a. m.
Well done!
http://vrngoawb.com/gpfi/kwoh.html | http://yrmivbyr.com/caqu/ipiq.html
4:22 a. m.
Publicar un comentario
<< Home