Surviving the aftermath
E non me refiro só á Praza da Estrela post-macrobotellón. De feito, non sei nin como quedou nin como estivo, porque non fun. Non son muller de aglomeracións, pero recollerei información para facerme unha idea.
Coa cousa esta do estrés e as mil cousas que teño que facer esta é a segunda finde que non saio de marcha. Pero estivo ben, cenita o venres e ontes unha cañita e logo tapitas coa Reich. Fun durmir á súa casa para fuxir do verdadeiro macrobotellón... chez moi.
A esta hora, trala victoria de Alonso (final emocionante, si señor... Kimi, empeza a espabilar!) o salón xa está visible e os pés non quedan pegados ao chan pero, por algún estraño motivo, no meu pasillo hai un sinal de peligros indefinidos (no comment) e un cono de tráfico roñoso. Coméntame o señor Landry, compañeiro de piso para quen non estea ao tanto, que o cono mo trouxo Iago (o outro compañeiro de piso) para chamarme en plan altavoz e que o sinal é del para min. Que detallazos. Poñereinos ao pé do sinal de prohibido aparcar. Joder, teño máis mobiliario urbano que tráfico. Vós caladiños, que isto non é bon...
En fin, meus pequenos, que a pesar de ser domingo para min é día de traballo (puaj) e a iso vou, despois de comer. Vós aproveitade, que vai sol e se respira tranquilidade dominical.
O próximo domingo, Malasia... e esperemos que menos traballo... Tendo en conta que collín a semana libre na oficina para poder currar non-stop, debería ser posible. Ademais, vén o Álex, diversión asegurada!
Bicos por doquier.
what i am to you is not real
what i am to you you do not need
what i am to you is not what you mean to me
you give me miles and miles of mountains
and i’ll ask for the sea
volcano -- Damien Rice
0 Dime ti
Publicar un comentario
<< Home