She's alive!
Son consciente de que vos teño abandonados/as e pido as máis honestas desculpas. No entanto, quen me coñeza saberá que por algún lado do escritorio teño pegado un post-it no que anotei o que vos quería contar para que non me esqueza nada. É o que está ao pé do papel coa lista de cousas que facer, cerca da axenda... Nunca se apuntan as cousas en suficientes sitios.
Como podedes comprobar, sigo viva. Aproveitei a semana "libre"* todo o que puiden, traballando ata que os ollos se me secaron cal pedra pómez, pero a unidade 2 do manual xa está rematada e entregada. Saltos de alegría, reviravoltas e pinchacarneiros... e de volta ao ordenador para seguir coa unidade 3. Ah! Antes de que me esqueza, o primeiro manual xa está listo de todo (con su forma de libro y tapita de mil colores). Emoción.
Para quen non o saiba, o xoves foi San Pepe. Eu preferín absterme de ir porque aínda quedaba traballiño por facer, pero parece que a asistencia foi masiva e as miñas fontes infórmanme de que estivo bastante ben. Unha vez máis, quedou a praza do aulario con olor a castrón, polo que me alegro infinitamente de ter o venres libre.
Faime gracia que na tele falaban de que en Vigo había outro macrobotellón. Por definición, éo, pero iso de que metan as tradicións universitarias no saco de tremendas modas pasaxeiras a mín fastídiame.
Cambiando de tercio, comecei a fin de semana indo a un curso de cociña o venres á tarde. Non é que fora un curso dun só día, senón que é un curso ao que se apuntou Raquel (de comida sana e dietética) pero ese día non podía ir e a profesora dixo que podía ir alguén no seu lugar, id est Sabe a los fogones. O menú era lasaña de brécol e champiñóns con almendras e rollitos de berenxena recheos de queixo e espárragos verdes. Ñami, ñami, verdá? Malo que as miñas habilidades culinarias mermen baixo presión e que para mín faltasen unhos 450 botes de especias. De todos xeitos, a cousa non saiu mal, a pesar de que as berenxenas remataran totalmetne fusionadas co papel albal da bandexa do forno e me esquecera de botar sal a case todo (e, crédeme, a bechamel de leite de soia e fariña integral é sosa de carallo). Estaba rico e sentou moi ben de comida resaquil de domingo.
Non puido comerse para a cea porque os amigos teutóns me tiñan excelentes manxares, acompañados de mellores viños, preparados na súa casa. Peixiño, unha cousa danesa que parecía tortilla de patacas sen ovos e xelado de postre. Máis ñami, ñami. Para rematar a cousa, unha película bastante mala (escollida tras unha partida de dardos, por suposto) que non acabei de ver, nin pena que me deu, pero é que os ollos me estaban caendo xa e ao día seguinte me tiña que erguer cedo para recoller ao Álex no aeroporto.
E se vén Álex... Hai que saír. A saco. Sen profundizar máis, paseino teta (que diría Iria), e merecíamo despois do enclaustramento ao que me autosometín. Tiven medo por momentos porque pola tarde tiña unha dor de cabeza de non remexerse, pero o Efferalgan portouse ben e permitiu tanto a cea coma as primeiras copas (con experimentos lúdico-festivos polo medio) e mesmo as últimas. A hamburguesa do Ecos das 7 da mañá xa lle deu máis que facer e rematoume, pero de aí á cama son uns pasiños.
Despois da diversión da fin de semana e dunha semana de non quitar o pixama, tocou a volta ao curro. Tamén lle tocou volver á chuvia, que cae coma se non caera nunca. E seguro que lle tocará caer a fin de semana. Aínda aposto que cando máis ha caer será o sábado na excursión Erasmus á Coruña, á cal teño que ir. Puaj. Maldita a gana. En fin... Penso zen**.
Sirva de ánimo soñar coa viaxe a Londres que farei en maio (billetes comprados: crochet!), a cal inclúe o concerto de Jason Mraz. Suspiros varios e novas recomendacións musicais***.
Ata a próxima. Küsschen!
This is why I always wonder
I'm a pond full of regrets
I always try to not remember rather than forget
This is why I always whisper
When vagabonds are passing by
I tend to keep myself away from their goodbyes
Tide will rise and fall along the bay
and I'm not going anywhere
I'm not going anywhere
People come and go and walk away
but I'm not going anywhere
I'm not going anywhere
This is why I always whisper
I'm a river with a spell
I like to hear but not to listen,
I like to say but not to tell
This is why I always wonder
There's nothing new under the sun
I won't go anywhere so give my love to everyone
Tide will rise and fall along the bay
and I'm not going anywhere
I'm not going anywhere
People come and go and walk away
but I'm not going anywhere
I'm not going anywhere
Not going anywhere -- Keren Ann
____________________________
*Vai entre comillas porque non creo que cinco días sen ir á oficina pero currando non-stop na casa e tendo as clases sexa unha verdadeira semana libre. "Libre" implica rascado barriguil.
**Falando de zen, chegoume o novo mp3 (que se chama zen, de aí a relación, vaia). Felicidade baixo o ceo gris ao ritmo de 4gb de xenialidades musicais varias. Ai! *Suspiro*.
*** Seguindo o exemplo do xenio Mraz, poño unha inútil nota ao pé co único propósito de recomendar a súa última entrada na web.
0 Dime ti
Publicar un comentario
<< Home