// we don't look / like pages from a magazine / but that's all right // let's do it all imperfectly //

martes, septiembre 05, 2006

Polo menos hai un xamón


Esta vez non me vou desculpar por non escribir.

Só faltaría, tendo en conta o meu estado.

melancolía. 1. f. Tristeza vaga, profunda, sosegada y permanente, nacida de causas físicas o morales, que hace que no encuentre quien la padece gusto ni diversión en nada. (Home… en nada, nada… tampouco)
2. f. Med. Monomanía en que dominan las afecciones morales tristes. (Ein?)
3. f. ant. Bilis negra o atrabilis. (Quéee???)

Non sei se dou algo de pena con iso, pero tampouco debería darvos moita. Certo que me pon tristiña e melancólica irme de Vigo despois de 7 anos (que se dicen rápido!), pero non marcho á guerra, precisamente. Por se alguén perdeu ese dato, marcho a Madrid facer un Máster (aforrade as coñas con “del Universo”, “de Augusta” ou “& Commander”, seimas todas), e ben contenta que vou.

Pero ese é o problema! A grande dicotomía entusiasmo-tristeza, nostalxia-emoción que me ten máis estresada e hiperactiva que a rana Gustavo de tripi. Inda por riba, non é que teña unha grande lista de actividades para matar o tempo en Cervo (que tampouco e Disneylandia) e como roia unha uña de aburrimento hei comer ata o codo.

O caso é que o 31 de agosto foi o meu super-último-día. Último día no traballo e último día no piso. Día de carga e mudanza. Sorprendentemente, din metido todo no coche. Cómpre salientar que “todo” eran moitísimas cousas e que o “coche” é un Fiat Punto, que por moito que eu lle chame a Furia Branca iso non aumenta a súa capacidade. Só quedaron en Vigo a tele e a silla. Aplaudide a proeza/loita contra as leis do espazo, por favor.
Coma se dunha película estilo Thelma & Louise se tratara, sentei ao volante da furia e emprendín a viaxe. Sen Louise, claro. Ou sen Thelma (Non sei cal era cal, pero quedo con Susan Sarandon que me cae mellor e está casada con Tim Robbins). Tardei como 3 km en soltar a lagrimilla, aló por Rande, ao pasar baixo as estruturas metálicas que semellaban portas. Para máis inri, non puidera lavar as mans trala mudanza e parecía un Joe, así que a cada bágoa que enxugaba coa mao creaba un sulco negruzco na cara.
Sequei bágoas, respirei fondo e seguín, en modo Roadtrip, cantando a berros coa miña pouco dulce voz. Foi emocionante tirar do Escapology de Robbie Williams, por aquelo de que fora o cd estrela dunha pseudo-roadtrip de miña irmá e miña á capital do reino hai uns anos. Iso si, aló por Abadín caín de novo. Esta vez hipando e saloucando e todo, notando como se me inchaban as pálpebras, pero sorrindo ao mesmo tempo. Qué carallo, se choro é porque eses 7 anos foron cojonudos.

E pa’ o pueblo.

A tomar Estrellas nun Muíño-Pub de máis de 400 anos, baixo a ollada de San Pascual Bailón.

A botarme a perder andando ou movéndome cero patatero e cortando xamón a todas horas (iso si que non cho tiña eu en Vigo…).

A matar o tempo reencontrándome cos pinceis… ou máis ben convertíndome na Tola dos Pinceis… Vou polo segundo cuadro en catro días, cheiro a augarrás e teño os dedos verdes… Encántame!!

A mandar currículums e a buscar piso… que de algo e nalgures haberá que vivir en Madrid.

A ganarlle un Trivial ao Alberto… a ver se desta vai. Que me vaian abrindo unha Estrelliña fría para acender a neurona que chego ao Muíño en 0.2.

Bicos, nenos e nenas, dende a emocionante dicotomía da melancolía e a expectación.



I'm a victim of my imagination
These walls are talking but
I'm hallucinating

Exhausted – Joseph Arthur

Could it be I like you?
It’s so shameful of me, I like you
You’re not right in the head and nor am I
And this is why I like you

I like you – Morrissey

4 Dime ti

Blogger Reich di...

Ay! y cuando llegues a Madrid te invadirá la dichosa morriña...

Pero Madrid es una ciudad muy divertida, así que entre suspiro y suspiro... te lo vas a pasar en grande, ya verás.

Bicos!

11:48 p. m.

 
Blogger maRKis_puGa di...

mmmmmm jamon :)

12:27 a. m.

 
Blogger DANI di...

Que susto me diste con el "fundido en negro....corten".

Madrid es cojonudo, y te lo dice un Polaco ja ja ja. Saben lo que es vivir.

Eso sí, la morriña es jodida.

Un besazo melancólico.

7:19 p. m.

 
Blogger DANI di...

Vale!!! viendo tus enlaces, se que te tiene que gustar el Grande en entre los grandes "Elliott Smith".

Que puta mierda que se suicidara.

7:50 p. m.

 

Publicar un comentario

<< Home