Cenicienta e o peixe paiaso
Dende que o vento comezou a traer cinza polo aire a Vigo, vivo nun estraño estado de ansiedade. O domingo, momento post-post, a situación tornouse un tanto insostible.
Léase: Ás 6 da tarde non se vía chispa. O ceo estaba dun gris amarelento noxento e todo ulía a monte queimado. De feito, mesmo chovía cinza.
Aínda que sabía e sei que o lume non ha chegar á cidade, o propio ambiente dá un rollo apocalíptico moi chungo. Menos mal que despois saín relacionarme con seres tridimensionais e se me pasou o tembleque nervioso da man esquerda. De todos xeitos, cousas que me pasan algunhas veces cando os meus nenos marchan e quedo soa no piso, non fun quen de durmir na miña cama e optei por abrir o sofá-cama, botar a mantita mexicana por riba (por costume máis que por frío) e poñer o dvd de Buscando a Nemo. Menos mal que a vin máis veces, porque non o cheguei a atopar. Cando espertei eran as 5:30 da mañá e as voces de Dory e Marlin preguntaban polo menú principal do dvd. Unha e outra vez. Debían levar facéndoo como tres horas. Por dúas horas non merecía a pena mudarme á cama, así que puxen a teletenda e durmín o restform e non sei cantas cousas máis.
Ontes púxenlle unha solución semellante, con cañita, cea no tamarindo e boa compañía. Claro que esquecín a ventá aberta e o meu salón se convirteu nun paraxe semellante aos arredores do Krakatoa, con folliñas calcinadas polo chan incluídas e montes de cinza coma se me andaran a fumar polo parqué corenta ananos.
Solución: Comer ás 5 da tarde despois de limpar tooooodo o piso de novo. Vivo coa aspiradora pegada á man.
A verdade é que hoxe a cousa estaba mellor e a tarde levouse ben, traducindo o currículum de Ali e as asignaturas de enxeñería de minas (as cousas que estudia a xente, a verdá...).
Pero o bo non durou e hai unhas horas, cando saímos tomar algo, volveu a cinza.
E con ela o meu estrés.
E aquí me tedes, posteando para pasar o tempo, cunha tila de tres sobres (InfuRelax, lle chaman... pero todo efecto calmante é psicosomático...) e Nemo aínda metido na Play para pasar a noite no sofá.
Así e todo, só teño que pensar que todos os papeis dos Erasmus do ano pasado están arquivados para durmir ben.
Boas noites :*)
and it's alright if
you're undecided
or if you're scared
that you might like it
or if it's true
i ache for you
it's getting late
anticipation
and if we talk
communication
and then you'll know
i ache for you
and i'm tired
of so much wanting
and what if -
don't even think it
but why not?
Ache for you -- Ben Lee
7 Dime ti
Me encanta ver un blog en gallego y de una persona gallega como yo!!! Es una pena lo de los incendios :(, solo tengo ganas de llorar :(.
cambiando de tema a mi la peli de buscando a nemo me ha encantado, una de las mejores de animacion q he visto :)
Un slaudo e un monton de bicos, volverei prontiño por aca, espero non perderme polo camiño :)
12:09 a. m.
Es curioso, pero cuando veo las imágenes en la tele de todos los incendios que hay y de cómo están intentando luchar contra ellos, te aseguro que me huele a quemado...
Uishh!! Cómo me cabrea este tema...
Biquiños.
9:26 a. m.
Decía Pessoa:
"Começo a conhecer-me. Não existo.
Sou o intervalo entre o que desejo ser e os outros me fizeram,
Ou metade desse intervalo, porque também há vida...
Sou isso, enfim...
Apague a luz, feche a porta e deixe de ter barulhos de chinelos no corredor.
Fique eu no quarto só com o grande sossego de mim mesmo.
É um universo barato."
Pero yo no soy Pessoa.
Este viejo borracho con problemas en la próstata sólo sabe decir tonterias....Buscaré mi botella de whisky.
12:49 p. m.
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
7:57 p. m.
Que grande Ben!!! (A WORLD APART)
Besos desde el otro extremo.
PD: que llueva, que llueva la virgen de la cueva...
8:09 p. m.
Vaya!!!! he estado leyendo tus posts anteriores, se agradece la gente a la que le gusta la buena música...
Joder hasta Fountains of Wayne...me da a mi que voy a tener que linkarte, a no ser que me lo prohibas :)
8:25 p. m.
Ya lo habia hecho ja ja ja...
8:35 p. m.
Publicar un comentario
<< Home