// we don't look / like pages from a magazine / but that's all right // let's do it all imperfectly //

jueves, agosto 10, 2006

Bate, pica, fija e dá esplendor

Voume sincerar.

Estou escribindo para ver se me dan as 11 e non resulta penoso deitarse. A opción B é ir ao sofá e durmir tele, coa excusa de "ui! quedei durmida! (non era a miña intención sobarme ás 10:30! claro que non!)". Menos mal que eu durmo coma un vacoliño a pesar do calor, e hoxe vivo nunha honguedade considerable. Non me enorgullezo, pero non me avergonzo.

O estado hongo en grado 1 foi máis psicolóxico que físico, porque os paseos que me din coas alzas/elegancias (i.e. sandalias de 10cm de tacón) non foron poucos. Que logo digan que non faigo exercicio (guiño + "pro-cutis", deixo caer, así coma quen, dedicatoria pa' xente rubia...). Supoño que iso sumado á calor extrema combinada con vapores de Thermomix pode mesmo facer que unha perda grasilla, coma se dunha faixa da teletenda se tratase.

A Thermomix... Flipante invento. Eu cheguei á metade da demostración, pero deume tempo a lembrar todas esas veces que levantei claras á mao ou que tardei e sufrín para conseguir unha das miñas perfectas bechameles... Ao bon do aparello fáltalle sacar un par de braciños e comezar a limparse só cando remata.
Ademais, creo que o feito de asistir a unha demostración de Thermomix, coma se dunha reunión do Tupperware se tratase, marca un hito na miña vida, un antes e un despois. Coma un rito de pasaxe á madurez marujil, a pérdida da virxinidade a un nivel psicolóxico profundo. Xa estou lista para aprender nomes de árbores e flores, Mami. Casi me ule a madalenas e nin sequera é meu o aparato.

Parece que o plan A funcionou... pero aínda así, paso ao B e vou ver que poñen na tele.

Non se pode ser máis hongo. Seta. Níscalo!

Pérdida da coherencia lingüística.

Vou abortar a misión blogueira e poñer B en marcha. Xa.

Déixovos unha foto dun gran regalo de cumpleanos...
Vale que mo pedín, pero a ilusión que fai é a mesma.
Fantastischen, diría eu, incluso.
could we
take a walk
could we
have a talk alone
in the afternoon
could we
have a seat
why, yes, be my guest
you can hold my hand
what a dream
in the grass
we kissed
fell in love too fast too soon
love full bloom
should we get up
let's wake up
let's get dressed
i'll let you walk me up the street
back home
thank you
it was great
let's make another date
real soon
in the afternoon
Could we -- Cat Power

4 Dime ti

Blogger DANI di...

Llámame clásico, pero a mi no me gusta la Termomix (mi cuñada me la ha intentado colocar varias veces).

Prefiero cocinar como antes mientras saboreo una copa de buen vino.

Ah!! y por similitud a Cat: Beth Orthon, Linda Draper, Sarah Hamer y Sophie Zelmani.

Besos

9:25 a. m.

 
Blogger menino di...

Este viejo borracho con problemas en la prostata necesita que pongas en marcha un plan C.No tiene mucha lógica mi intervención aquí.Digo la C porque me gusta más que las letras A y B...¡vaya tontería!.Me voy a beber.

4:10 p. m.

 
Blogger Reich di...

Guapetona!! día perro el tuyo, eh!!

Pero bueno, eso fue el jueves... ahora ya sé que te estás poniendo morada... de comida, claro (la termomix es lo que tiene).. :P

Pásalo bien y se buena y virtuosa!!

Biquiños!

10:44 p. m.

 
Blogger moucho branco di...

cando se é cociñeiro profesional e ten un que traballar con ese aparello do demo remátaselle por coller bastante noxo...

un saúdo.

7:16 p. m.

 

Publicar un comentario

<< Home