C'est la fin (fundido a negro... corten)
Vale. Reconózoo. Esta falta de actualización merece unha fustigación completa, con látigo de doce colas con bólas con pinchos nas puntas incluído. Pero teño unha excusa.
En serio.
O caso é que esto se acaba, queridos amigos. A fase de Beluka en Vigo chega á súa fin, exactamente o xoves 31 de agosto ás 5 da tarde, ouso aventurar. Tras sete anos (se non levo mal a conta), chega a mudanza á capital do reino onda a outra irmá Panizo, precedida por unha estadía na casa dos pais e, cómo non, outra visita á cidade olívica. Daquela si que han caer lagrimillas…
Dende que abandoei a blogueridade, máis que nada por obriga (alguén devolveu o router e quedei soíña e sen interné nin teléfono fixo na casa), pouco fixen de proveito, máis que descubrir a comodidade nos tacóns de dez centímetros e saír ata convertir os sábados e domingos en días case inexistentes. Léase: atrapada na espiral. Ou el cuerpo las hace, el cuerpo las paga. Tú sabrás lo que te haces, que diría a outra.
Por se alguén non lembra que houbo festivos hai pouco, recórdovolo eu. Grandes festas en moitos sitios, entre eles, Cervo. Aló fun, na Furia Branca, disposta a unha grande comilona de festa. Pouco sabía eu de cómo remataría o martes de festa, con Singstar incluído, dando boa conta de albariño e cervexa ata que o pouco raciocinio que me acompañaba me alentou a dirixirme á casa. “Ibas algo chispita”, me dixo o señor Emilio. Papá, chispita non era a palabra. Chisporrotón, como dixo Mamá, pode ser.
Outra historia foi a Queimada, grande festa onde as haxa e, para os que non estean familiarizados con ela, festexo de interese turístico en Galiza. Aí cumprimos con máis Singstar (vicio, vicio) e outra tanda de zumo de cebada. Foi un gran día, pero admito que non quedei totalmente satisfeita xa que, tras apostar o día anterior (con firmita en papel e testemuñas) que ás 5:15 estaría na camiña, facendo honra á responsabilidade por ter que ir a Vigo conducindo ao día seguinte, perdín estrepitosamente. Espero que os apostantes esquezan que teño que bailar en minifalda na barra do Muíño. Porque non quero. Porque debería coñecerme abondo para saber que na Queimada ás 5 da mañá non vou estar deitada. Serei burra.
Iso sí, aproveitei os días na casa para recoller e atopar cousas case perdidas ou dadas por olvidadas e lembrar vellos tempos, e para revelar fotos e poñérme mítica. Éche o que teñen as despedidas, a pesar da emoción do cambio. Beluka vai a Madrid e vai a por todas. Másters a mín, ja!
Parece mentira, pero iso é todo. Últimos días no traballo, últimos días en Vigo. Unha ceniña o venres, outra o sábado, saír menos do prometido e moito (pero que moito) pataqueo e honguedade dominguil coas sobras da pizza de ontes incluídas.
E mentras escribía todo isto (en Word, para levalo ao curro e colgalo mañá) un certo ex-compañeiro de piso deixoume sen microondas, sen tostador e sen plancha. Xa marcharon os dous hai uns días e, como dicía aquela canción, this house is not a home sen eles.
Snif.
A toda a xente que coñecín aquí, léadesme ou non, quérovos con locura e vouvos botar de menos antes e despois de cada unha das mil veces que vos virei visitar. Non quero poñérme nostálxica ou triste antes de tempo, pero paréceme inevitable…*
Muá!
he said [ani], you've gotten tough
'cause my tone was curt
yeah, and when i'm approached in a dark alley
i don't lift my skirt
in this city
self-preservation
is a full time occupation
i'm determined
to survive on these shores
you know i don't avert my eyes anymore
in a man's world
i am a woman by birth
and after nineteen times around i have found
they will stop at nothing once they know what you are worth
talk to me now
i played the powerless
in too many dark scenes
and i was blessed with a birth and a death
and i guess i just want some say in between
don't you understand
in the day to day
in the face to face
i have to act
just as strong as i can
just to preserve a place
where i can be who i am
so if you still know how
you can talk to me now
talk to me now -- Ani Difranco
_______________________________________
*Intentarei ser breve e limitarme a uns poucos… Cunha letra moi pequena que só poida ler eu...
Álex, aínda que esteas lonxe, ti es Vigo para mín e non teño recordos sen ti nesta cidade. Quérote e estou contigo en Londres, en Kuala Lumpur ou onde queiras marchar.
Ra, princesa, amiga, fotógrafa, fermosa persoa que sempre estás aí. Eu tamén estarei aí sempre. Non o esquezas, por favor. Quérote.
Rouf, meu neno, calquera cousa que escriba quedará pequena. Ti xa sabes todo o que che podería dicir. E todo é verdade. Quérote.
Ali, xuntounos a casualidade e non sabes cómo me alegro. Cómete Irlanda e o puto mundo, porque ti o vales e porque me demostraches que o tempo non ten que ver para coñecer e querer a alguén. E ti sábelo ben. Gracias por celestinear, déboche unha.
Landry, tu vas me manquer tellement. T’es le frère que j’ai pas eu, mon copain, mon colloc et mon compagnon de brocouillage et, enfin, de tout. On s’a amusé bien. Je t’aime.
Märt, a veces pienso que es una pena que no nos conociésemos más durante la carrera. Cualquier momento es bueno. Te echaré de menos. Danke für alles, du bist la mejor y te echaré muchísimo de menos.
May, Dani, Ana, Marcos, Bea, Anxo, Santi, Aldara, Paola, Xela… puf… aínda me vai esquecer alguén e pido as máis fondas desculpas, pero tanto repensar palabras vaime sacar a lagrimilla e non quero. Hoxe son todo amor e é todo para todos vós. Hoxe e sempre.
Alek, acabas de timbrar… Xa che abro…
1 Dime ti
Suerte estés donde estés, pero piensa que los tentáculos de la red llegan a todas partes.
PD: creo que es culpa mia, soy un cenizo, cada vez que linko a alguien desaparece ja ja ja.
Moitos bicos!! (espero que se diga así)
En cualquier caso "moltissims petons i anims".
11:44 a. m.
Publicar un comentario
<< Home