// we don't look / like pages from a magazine / but that's all right // let's do it all imperfectly //

jueves, febrero 02, 2006

Show me the money!

Benvidos ao apaixoante mundo da becaria media, ese estraño ser que se está a reproducir a un ritmo vertixinoso pola nosa xeografía. No teclado, señores e señoras, un espécimen vivo.
Vivo e cabreado. Se cadra algún de vós me pode explicar por qué non vou cobrar ata marzo todo o que me deben e seguirán a deber (léase medio decembro e xaneiro, polo de agora). Poida que sexa polo grande beneficio de non cotizar? Ou o de non ter legalmente vacacións? (Si teño, gracias a deus, boas xefas que me dan tantos días coma aos traballadores “de verdá”). Eu aínda non o entendo ben, pero en canto saiba a quen lle poido soltar os rottweilers, que se vaia agarrando ao sillón de coiro con rodas porque vai saír voando Cabral abaixo.
Póñome de uñas, si, pero é que non me colle na cabeza. Aos funcionarios séguenlles a pagar, non lles paralizan as contas porque acabe o ano fiscal, pero a mín si. A nadie se lle ocurre pensar que eu tamén como? Claro, teño pais, que paguen, non? Total, como xa non cobro moito debe ser que non o noto. Pois si que o noto. A ostia. Non é tan pouco para alguén con poucos gastos, pero dáme pa’ vivir… se non cobro… Bueno, me l’expliquen, porque pa’ os pinchitos de “El Molino” e todos os actos protocolarios sempre hai pelas. Tou pensando que poido vender a impresora láser que mercaron na oficina co que “sobraba” do presupuesto… Ben vale o que me deben. E os intereses, fijo.

Inspiro. Respiro. Inspiro. Respiro.

Penso ZEN.

Como os trámites xa estaban feitos para cambiar de compañía de móbil, comprei o móbil novo. Un samsung destes con dúas cámaras, videollamada e non sei que máis. O importante: chama, recibe chamadas, e manda e recibe mensaxes. Home, bonito tamén é, eh. E pódeslle poñer musiquiña de verdá pa’ cando sona. A este paso, ben pode ter tamén ben de proteínas porque aaaaargh…

Inspiro. Respiro.

Penso ZEN.

Para axudar neste estupendo estado de estrés e ansiedade que me inunda, o meu fallo de cerebral de non ser capaz de decir que no xogoume un par de malas pasadas esta semana. Pero bueno, o Michi puido entregar a tradución a tempo e o Manfredi ten o curríuculum en francés. Eu teño sono.Tamén fun avanzando un pouco coa boa da unidade 2 do manual de inglés para recepcionistas e algo tamén do DEA.
A boa noticia entre todo o traballo: xente nova na oficina á que lle deron parte das miñas obrigas. Esto de delegar as tarefas menos gratificantes en becarias novas fai que o meu estatus de becaria media non pareza tan penoso. Pero como lles paguen antes cá mín aínda roio eu a alguén no canto de soltar aos rottweilers.

ZEN.

ZEN.

ZENTOCINCUENTA.

Mañá é venres. Iso xa vale por catro ou cinco pensamentos zen.
Vou pensar zen na cama (un xoves na casa? Si! E falta que fai!). B’s Noit’s.
I wish I had Paul Newman's eyes
and every day came with some suprise
I wish I had Paul Newman's eyes
that would be nice
Paul Newman's eyes -- Dogs Die In Hot Cars

4 Dime ti

Anonymous Anónimo di...

j0! eu quería que me deras clase a min!!! vale, mePresentoYeso...xD son unha rapaza de 1º de traducción español-inglés, e unha amiga da rama de galego-inglés deume a dirección da túa páxina e estiven curioseando e descubrín que che gusta damien rice e cagueime un pouco en todo por tocarme unha profesora de intro. á traducción galego-inglés que nin sabe falar galego, y si es tu amija pues ya lo he dicho y ea...pasaba por eiquí e moloume que che gustara damien rice :_D...un saúdo!

11:56 p. m.

 
Blogger Beluka di...

Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

7:16 a. m.

 
Blogger Beluka di...

Borreino porque quedara chungo...
Dicía eu que Ola! e que quen dá inglés-galego B>A2?
Tamén que me alegro de que che guste Damien Rice e que sabendo que alguén le isto me currarei actualizar as recomendacións un pouco máis :D Saudiños!

7:21 a. m.

 
Anonymous Anónimo di...

non sei como se chama :/ xDDDD

en fin, curra, curra, que eu leo...no canto de estudar... blah. saúdosSs

10:26 p. m.

 

Publicar un comentario

<< Home