// we don't look / like pages from a magazine / but that's all right // let's do it all imperfectly //

viernes, octubre 26, 2007

Quero un





















Se non fora de louza tería sangue no canto de letras esmaltadas.
Viría de serie con vísceras que me latexasen e me fixesen funcionar.
Un estómago que encher. Un intestino que baleirar.
Se non fora brillante por fóra podería selo por dentro.
Pregúntome se venderán en liña bágoas,
uñas que medren,
corazóns.
E se hai páxinas de contactos para atopar quen lles dea corda.

1 Dime ti

Blogger Silvana di...

Todo se andará, en realidade xa casi temos órganos de serie, en liña como dis ti. A ciencia avanza.

O que é máis difícil é encontrar quen lles dea corda.

Un saúdo.

10:34 a. m.

 

Publicar un comentario

Enlaces desta entrada

Crear un enlace

<< Home