// we don't look / like pages from a magazine / but that's all right // let's do it all imperfectly //

miércoles, mayo 16, 2007

Fuga


Tiven que poñer un tapón na tempa.

Estaba segura de que se me perdera algo. Poida que me dera conta tarde de máis... Polo chan había datas de aniversarios, números de teléfono e unha receita de biscoito. Tireime de xeonllos e comecei a facer un montonciño de recordos e datos. Baixo o sofá chegaran algunhas fotos comprometedoras e preto da tele, unha película do verán pasado.

Como non sabía se os recordos se poden mover, collín unha bolsa de conxelados das grandes para metelos todos e que non fuxisen outra vez. Revisei o salón de arriba a abaixo, movín os mobles, faltaba algo... Acabei derrumbándome no sofá, aferrando a bolsa de conxelados con todas as miñas forzas.

Na miña tempa esquerda, o tapón de cortiza vibraba. Había que facelo moi rápido ou poderían saírme máis cousas. Roín a esquina da bolsa e apretei o buraco con dous dedos. Era unha desas ocasións nas que faltan mans. Como quitar o tapón e introducir os meus recordos coa miña manga pasteleira improvisada sen que escapasen máis? Pois rápido e con coidado. Apretando a bolsa con firmeza e pechando os ollos con moita forza para aspiralo todo para adentro. 29 de xullo de 1981. 4 de maio de 2006. 655678906. A túa cara ao sol. Os meus beizos no teu pescozo. Unha viaxe á casa no meu coche. Tapón outra vez.

Que susto. Máis tarde, heille poñer unha tirita. Pero primeiro teño que atopar as túas mans.



No blog de UZ veño de atopar un banner precioso. Baleas a tamaño natural. Para que non desaparezan.

E hoxe comezou a procura de traballo... Haberá que pensar zen. Oh, mundo editorial... ábreme as portas!

:*)

4 Dime ti

Blogger Iria di...

Moi chulo, coma sempre. ¡Bicos mil! QRT

7:26 p. m.

 
Blogger Ra di...

Qué preciosidad, Beluka...(cómo no van a publicarte?!!!)
yo metería en mi bolsa de congelados un 31 de julio de 81...casi ;)

Mua!

4:04 p. m.

 
Blogger Unknown di...

Moitos recordos metería eu nos conxelados... pra non recordalos mais...

Moita sorte na búsqueda de traballo, seguro que pronto tes algo bo que contarnos :)

bikiños.

9:49 p. m.

 
Blogger Unknown di...

P.D.: preciosa la ballena :D

9:50 p. m.

 

Publicar un comentario

<< Home