As miñas ideas
Deixei correr a auga da ducha mentres lavaba os dentes e o espello amosoume unha caixa torácica baleira.
Sei que non está baleira, díxenlle, amósame a cabeza.
Na superficie cristalina reflectíronse rostros, lugares, un remuíño de elementos indescritibles na miña fronte. Unha desorde aterradora, un novo caderno mental de historias, pensamentos e problemas esaxerados. Abaneei a cabeza con pesar e metinme na ducha.
Por que o fas?, díxome tras a cortina. Por que lle das voltas a todo?
Non o poido evitar, respondinlle á miña personaxe, non poido evitar pensar!
Xa somos moitos aquí dentro, sabes? E se temos que enfrontarnos tamén aos teus problemas e loitar polos teus desexos non imos dar feito.
Asomei a cabeza chea de escuma pola cortina. Mirábame dende o bidé, sentada. Era estrañamente semellante a min, pero máis dereita, ben peinada, sen bolsas baixo os ollos. Espreitábame agardando unha resposta que non me deu tempo a dar.
Poderías sacar a algúns. As bruxas comezan a impacientarse e as amazonas están confusas cos cambios de argumento! E nin che conto como andamos as Eus... unhas afogando en apertas, outras chorando, outras perseguindo recordos e fantasías sexuais... Unha desfeita...
E ti cal es?, preguntei con curiosidade mentres aclaraba o acondicionador.
Por que non saes?
Porque son feliz. Estou segura de min mesma e sei que o conseguiremos. Mesmo se aínda así siga sen saír. Daquela virán ideas novas e sairán as Eus namoradas, as lascivas, logo as tristes e nostálxicas de novo... E eu quedarei aquí. Pero non me importa. Teño que coidar de ti.
Saín da ducha e envolvinme na toalla. Mirei para ela abraiada, sen saber que dicir. Ela sorriume de esgueira, cun estraño cariño, coma se me estivese a confortar.
Tes un lenzo enorme. Éncheo.
Os seus ollos agardaban un asentimento. Dinllo.
Intentareino. Ordenarei todo o que poida e sacarei a uns cantos, prométocho, díxenlle.
Ela sorriu de novo co mesmo furado nos dentes que teño eu. Abaixeime para enroscar a toalla na cabeza e cando me erguín xa non estaba.
Mireime ao espello de novo. Esta vez só vin o meu reflexo. Puxen a lentilla.
E sabes que? O mundo tamén é un lenzo.
You'll be loved, you'll be loved
Like you never have known
And the memories of me
Will seem more like bad dreams
Just a series of blurs
Like I never occurred
Someday you will be loved
7 Dime ti
Bravo por esa YO, Beluka.
Besos
10:16 p. m.
Hola guapita, gracias por estar ahí, te dejo aquí el nombre del libro de Millás, en mi opinión no tiene desperdicio(son articulitos) y dura demasiado poco ;)
"Algo que te concierne",ya tiene su tiempo, pero no pierde actualidad. bEsote
11:27 a. m.
Tes razón, se saíra unha persoa por cada "eu" que tes na cabeza, non terías sitio na casa!! Pero non te preocupes, creo que tódalas mulleres somos así, e mellor non pensalo, non vaia ser que saia outra mais!!
besiños.
1:06 p. m.
De verdade que eres a mellor. E o unico que poido dicir cada vez que te leo. Este subiume a moral moito moito. E os debuxos xeniais! Bicos desde Costa Rica! QRT
9:12 p. m.
Xenial.
3:05 p. m.
Este relato, relato poético, especie rara de ensaio...o que sexa...arte, de verdade, arte,...delicado, sofisticado e preciso, moi preciso, diálogo co "eu" profundo da muller, coa ratio essendi da femia. Deixoume conxelado, emocionado, reafirmado na convicción sobre a "cosmoloxía" do feminino. Eres das poucas persoas que sabes crear e recrear ese principio motor que tanto vos caracteriza, o ego. Esa é a razón, sen lugar a dúbidas, dun falaz misterio que eu chamo "beleza". Un bico deste teu admirador.
7:14 p. m.
podo mercarche un debuxO?
:*******************
12:30 p. m.
Publicar un comentario
<< Home