// we don't look / like pages from a magazine / but that's all right // let's do it all imperfectly //

lunes, mayo 07, 2007

O cuestionario Proust


Xa que tantos se animaron, éntrame o gusanillo... Aínda que non me conviden, poido facelo igual?


¿O principal trazo do meu carácter?
Falo moito, ás veces de máis, pero penso que tamén son xenerosa e adicada á xente. De iso saberán os afectados :)

¿A cualidade que prefiro nun home?
A bondade, a comprensión, a conversa

¿A cualidade que desexo nunha muller?
A bondade, a comprensión, a conversa

¿O que máis aprecio nos meus amigos?
Que saiban ser amigos, que escoiten e estean aí cando menos o merezo.

¿O meu principal defecto?
Intentar facer máis do que podo, o meu xenio, a coraza que ergo para semellar máis forte do que son

¿A miña ocupación preferida?
Debuxar e escribir

¿O meu soño de dicha?
Ver algo escrito por min publicado. Que a xente cumpla os seus soños e obxectivos.

¿Cal sería a miña maior desgraza?
A perda dos seres queridos. Perder a man esquerda (dende pequena, o meu peor pesadelo)

¿Que quixera ser?
Escritora/Ilustradora

¿Onde desexaría vivir?
En Vigo. Ou onde me leven os pés ou o corazón.

¿A cor que prefiro?
O vermello e o branco

¿A flor que prefiro?
A margarida e o narciso

¿O paxaro que prefiro?
Nin idea... o paporroibo, pode ser

¿O meu autor preferido en prosa?
Paul Auster e Milan Kundera

¿O meu poeta preferido?
E. E. Cummings

¿O meu heroe de ficción?
Heroe, o que se di heroe, non sei... Calquera superheroe me vale

¿A miña heroína de ficción?
Pois coma na anterior... nin idea.

¿O meu compositor preferido?
Non sei se se poden calificar de compositores, pero a miña música favorita: Ani Difranco, Death Cab for Cutie, Ben Lee, Josh Rouse.

¿O meu pintor predilecto?
Hopper, Lichtenstein, Chuck Close, Klimt...

¿O meu heroe da vida real?
Xente cuxos pasos admiro, máis ca heroes: meu pai, e unha presa de escritores e debuxantes que me poñen a pel de galiña, os descoñecidos que teñen o que teñen porque loitaron e traballaron duro para conseguilo.

¿A miña heroína da vida real?
Valla a resposta anterior, o xénero do suxeito é o de menos.

¿Os meus nomes favoritos?
Xulia, Berenguela, Mateu

¿Que detesto máis que nada?
A inxustiza, a falsedade, a envexa, as comparacións inútiles

¿Que caracteres históricos desprezo máis?
Os dictadores e homes de guerra

¿Que feito militar admiro máis?
Militar, ningún

¿Que reforma admiro máis?
Calquera que supoña un avance cultural e sexa positiva para a xente

¿Que dons naturais quixeras ter?
Máis forza de vontade, pero imos tirando sen ela

¿Como me gustaría morrer?
Sen causar dor ou preocupación aos que me rodean, preto do mar e satisfeita do que fixen e fun.

¿Estado presente do meu espírito?
Soleado, inquedo e imparable

¿Feitos que me inspiran máis indulxencia?
Os que non teñen maldade ou se fan por defender a integridade e seguridade dun mesmo ou dun ser querido

O meu lema: "Art is why i get up in the morning"... E algún máis... Non son moi de máximas, eu.







3 Dime ti

Blogger Ra di...

A mí me da que verá algo suyo publicado, leerla da gusto.
Queda invitada al cuestionario, "a título póstumo" como quien dice, por una servidora que tiene la invitación pendiente de O Raposo guardada en un cajón, a la espera de encontrarse a la altura de Proust.
Besote

11:16 a. m.

 
Anonymous Anónimo di...

Acabo de coñecer o teu blog por unha entrada no de Regal. Gústame moito. E sempre é interesante coñecer veciños neste mundo cibernético.

6:57 p. m.

 
Blogger Ra di...

Señorita, ya tiene usted en el Cómputo la invitación protocolaria.Bss

10:25 p. m.

 

Publicar un comentario

<< Home