// we don't look / like pages from a magazine / but that's all right // let's do it all imperfectly //

jueves, mayo 24, 2007

They will see us waving from such great heights...

Oíno asubiarme ao oído. Asubioume o estribillo de Such Great Heights e namoreime nun segundo. Latexábame o estómago só de pensar qué máis me podía asubiar. Se cadra tararearíame, ou mesmo cantaría... Si, algún día el podería ser o que me cantase algo de David Gray ou ata Overlap.

Sorrín tanto que se me abreu a cabeza. Pecheina rapidamente para que non se decatase de que son unha extraterrestre. Aínda non sei se lle gustan as extraterrestres azuis. E fun cara a el, cara o seu asubío, co ruído das ondas de fondo. Un camareiro no medio da nada tirou unha caña e salpicou escuma coma se fose neve. Un mineiro nunha alcantarilla fixo bailar a súa cabeza, creando co seu foco incribles xogos de luz no ceo coma se chamase a Batman. El abriu os brazos e sumerxinme de cabeza na súa aperta. Soaron vítores, aplausos e ovacións, caeron serpentinas e confeti, e unha banda de música con majorettes tocou unha canción.

El sorría tanto que, se fose un extraterrestre, abriríaselle a cabeza. Bicoume e tarareoume The New Year dentro da súa aperta. E eu si que me sentín diferente. Tanto, que non me importaba ser azul. Tanto, que me latexaron os poros e me suou o corazón. Tanto, que saquei unha polaroid chiscando un ollo. Pero non lla ensinei. Gardeina na boca ata máis tarde e logo escondinma na cabeza. Segue aí. Así ás veces míroa e oio cómo me cantaba ao oído.


I am thinking it's a sign
that the freckles in our eyes are mirror images
and when we kiss they're perfectly aligned
And I have to speculate
that God himself did make
us into corresponding shapes
like puzzle pieces from the clay

The Postal Service -- Such Great Heights

5 Dime ti

Blogger Ra di...

Hay canciones que son el mejor desencadenante para sucumbir y sumergir la cabeza en un abrazo.
Que gozada, Beluka.
Gran beso.

7:18 p. m.

 
Blogger Marcos Valcárcel López di...

Noraboa polo blog, que acabo de coñecer. E non se rinda nunca nesas arelas literarias, que de seguro han encontrar o seu destino. Saúdos cordiais.

3:17 p. m.

 
Blogger DANI di...

Lo sabía, lo sabía, lo sabia, sabía que tenias que venir de las estrella, no hay humanos en esta tierra tan sensibles como tu.

Si ya lo sabia yoooo, ja ja ja si es que siempre acierto

Besos terrenales

12:11 a. m.

 
Blogger besbe di...

estiven lercheando polo blog adiante e dígoche o mesmo que marcos valcarcel, seguro que atopan o seu sitio todas esas palabras que xuntas porque as xuntas moi ben :) Ah, e boas fotos e bos debuxos.

Apertas moza :)

2:37 p. m.

 
Anonymous Anónimo di...

encántame a banda sonora da túa vida. e encántame a túa vida.

un saúdo!

2:32 a. m.

 

Publicar un comentario

<< Home