// we don't look / like pages from a magazine / but that's all right // let's do it all imperfectly //

lunes, mayo 28, 2007

Nunha rúa

Na escura esquina, iluminada só por un farol parpadeante e epiléptico como nas películas de misterio, acendeu un pitillo e logo mirou ao seu redor. A azulada escuridade das rúas, húmidas, tremendo ante o reflexo das poucas luces que ousaban erguerse na noite, estaba baleira. Só ela. De pé. Calada ata os ósos, incapaz de diferenciar entre choiva e bágoas no seu rostro.

Botou a andar cara ao ningures de diante e os seus pasos resoaron e crearon ritmos acompañados de salpicaduras dun ton agudo. Plom (pshtí, pshtí), plom (pshtí, pshtí). Ese era o son da rúa, a rúa que vía a duras penas, a través de entrepechados ollos, a través de bágoas, pingas de choiva e fume gastado de absurdas necesidades e preocupacións.

Cando xa avanzara varios metros e sobrepasado uns cinco coches aparcados, dinme conta de que as miñas protagonistas sempre son mulleres. Cambieille o longo abrigo por unha cazadora de coiro de aviador; quiteille os tacóns para convertilos nuns zapatos clásicos, de sola, dunha cor marrón clara que coa choiva se escurecera. Acurteille o pelo e transformeille o rostro no dun home novo, engadindo unha suave barba de tres días.

Na rúa, só estaba el. E el non choraba. Apartaba a auga dos ollos co dorso da man e fumaba só por costume. El camiñaba con rumbo, cara ao local onde o esperaban os seus amigos, baleirando copas de ron e enchendo cinceiros.

Non sei qué pensaba. Iso nunca o teño claro. Non sei por que sacou do peto o móbil e marcou o número dela. Ela colleuno en seguidiña e respondeu que estaba ben. El aledouse de que fora así, pero non sei se se preguntou se era certo. Se puidera falar dela, se estivera na escura rúa na que estamos, eu preguntaríamo... Non creo que fora certo. Pero el non o sabe. El só lle conta onde vai, que fixo, que tal está, o de sempre. Ela parece que lle deixa falar e logo debe dicirlle que non vai a ningún sitio, contaralle o que fixo, seguramente minta ao dicir que tal está, o de sempre. Despídense e mándanse bicos. Os del non sei como son, os dela son estrañamente sinceiros.

El garda o móbil, empuxa a porta do bar e saúda aos seus amigos. Falarán, bailarán e beberán. Ela non sei que vai facer. E eu... eu desexaría que na escura rúa estivese ela, porque sempre sei o que pensa, mesmo cando ela non o sabe.



You left your thumbprint inside me
now for months it seems
but mine only brushes your soft surface

Jason Mraz -- 0% Interest

6 Dime ti

Blogger Ra di...

Parece la historia que a todos nos suena, pero que poca gente cuenta como tú.
Me gusta.

1:44 p. m.

 
Anonymous Anónimo di...

Si, a min tamén me gusta.

7:50 p. m.

 
Blogger besbe di...

bueno, pois alédome de terte descuberto porque quedo abraiada e encantada coas túas historias e máis aínda cando te rozan tanto que te deixan pensando. Bicos!

3:03 a. m.

 
Blogger Marinha de Allegue di...

Nunha rúa cantas cousas...

Beijosss.
:)

9:28 p. m.

 
Anonymous Anónimo di...

Que historia tan bonita.... me gusta como escribes :)
Besiños

12:39 a. m.

 
Blogger Mrs.Doyle di...

Fermosísimo post e fermoso achádego o seu blog.

Grazas pola visita.

2:30 p. m.

 

Publicar un comentario

<< Home