Acuarelas
El vía as cousas dunha forma diferente. Cando me miraba a min, vía unha bailarina de circo saltando cos seus leotardos rosa arredor de oito caniches. Eu estaba segura de que a bailarina estaba gorda e non me gustaba. Pero eu era imbécil.
El vía as cousas dunha forma mellor. Encendía os pitillos cos ollos mirando a extraños e sabía en que tipo de frasco gardaban as súas bágoas.Oía música nas farolas estropeadas e cando se lle queimaban as torradas, tiñan debuxos de Picasso.
El vía as cousas dende outro sitio e nunca puiden descubrir dende onde. Sorrinlle coma se o soubese para poder subir as escaleiras tras el. Porque aínda que eu fose imbécil el vía bailar as palabras e iso volvíame tola.
Levoume ao seu cuarto por un laberinto. Cando chegamos, na súa cama había un horrible desorden de letras e tivemos que darlles patadas para tumbarnos. Comeume e chanteime un i nas costas cando me corría.
El vía as cousas dende outro ángulo e, pola mañá, os meus caniches e eu encendimos un pitillo nas súas pestañas e fúmonos en silencio.
I am thinking it's a sign that the freckles
In our eyes are mirror images and when
We kiss they're perfectly aligned
Such Great Heights -- The Postal Service
1 Dime ti
No sé qué es mejor...si tus letras, tus dibujos o tus acuarelas. (Me he quedado prendada del corazoncito en la mano)
1:15 a. m.
Publicar un comentario
<< Home