De elegancias e ganancias
Miña irmá dixo que aqueles tacóns eran altos de máis para ir a unha entrevista. Pero se non os puxen foi porque estaban pegados a unhas sandalias, moi de verán para estarmos en outubro, e preferín levar unhas inocentes e sempre ideais bailarinas. Tería posto uns tacóns xeitosos se en Zara se dignasen a ter o meu número naqueles salóns tan (pero que tan, tan) bonitos en cor negra.
Iso si, dubido que os tacóns tivesen algo que ver en conseguir ou non o traballo.
Como que qué traballo?
Certo. Téñovos fundidos no descoñecemento! Deixeivos sen datos!
A verdade é que bastou dicir que me iba adicar á vida bohemia para que me chamaran para un traballo grazas a un contacto da universidade. Proba de tradución por aquí, entrevistiña por aló e traballo de tradución castelán-galego ao canto. E se vos digo que atopei os tan ansiados zapatos o mesmo día aínda habedes pensar que nacín cunha flor no cú.
Non é certo, non adoito ter tanta sorte, pero hai días así e vaia se se agradecen! Así que non só teño uns zapatos de tacón marabillosos que se adaptan ao meu pé coma un cinturón máxico ao corpo dun superheroe, senón tamén un traballo con moi boa pinta que comeza o luns 16. Non fai falta que vos diga que me desexedes sorte, non?
Polo demais, comezo a adaptarme un chisco máis a esta cidade, unha vez curadas as enfermidades estomacais da finde pasada, e gracias a reencontros e cañas varias.
Sempre hai cañas.
Este mércores poño rumbo de novo ao pueblo durante uns días, cunha pequena excursión a Vigo. É o proceso "mudanza definitiva", así que... que alguén lles comunique aquí á sister e ao cuñao que faigan unha maleta discreta, porque teñen que vir moitas cousas de Sabe para a capital.
If you're cold I'll keep you warm
And if you're low just hold on
'Cause I will be your safety
don't leave home -- Dido
you sounded so good on the phone
all moved up and all moved on
me and gravity we never could agree
angel -- Matt Nathanson
2 Dime ti
Ole!! esto si que es empezar con buen pie, con buen tacón o buen zapato...
Muchas felicidades y muchíiiiisima suerte.
Disfruta de la semanita que te queda.
Bicos.
9:19 a. m.
home, uns zapatos poden axudar a moitas cousas... sorte no novo traballo!
5:27 p. m.
Publicar un comentario
<< Home