Ela tiña unha historia detrás
Lembro que foi en Madrid, na mesa do salón da casa de meus tíos, un día caluroso.
As follas que escribín dinme, nunha estraña e case ilexible caligrafía, que era o 12 de setembro de 1997.
A historia non me encanta, pero a imaxe da muller, un mísero e minúsculo boceto nunha cuartilla a cadros, case me pedía que a reinventase e lle dera importancia.
Eu intenteino. E de paso reinventeille a historia, nove anos despois.
Mírame.
Non hai outra no museo. Mira cun ollo porque co outro durme.
Mira e namora.
Pel de neve, branca, suave e perfecta. Formas de montañas.
É a miña serea.
A miña serea que fai sinais na noite co seu ollo de faro.
Os barcos dos seus beizos ameazan bicar.
Bícame.
Bícame como me miras.
Ela bícame con todo o corpo. Mesmo as costas, reflectidas no espello, me bican. Nádegas de meniños que ten dentro.
Shhhhh.
Ela escoita. Goza do silenzo.
O cabelo non é loiro. Non é moreno.
O cabelo é de outono coma a súa pel é de inverno.
Busco o verán e a primavera.
Onde está a primavera?
Os ollos son o verán, son o mar, azul e verde e grande que nas pupilas se fai pozo, un pozo profundo para submarinos e peixes.
Eu non teño un submarino pero podo ser un peixe.
Déixasme ser un peixe?
Podo tocala. No meu maxín podo tocala e é de seda.
É coma regalicia recuberta de seda. Si.
É doce, é amarga, é pegañenta e eu estou pegado a ela.
Ela mírame.
Non hai outro cavilador no museo.
Mírame cun ollo.
Co outro chora.
_________________
Asineina pero poida que non a terminara. Penso en borrar o espello e deixar un fondo liso, se cadra de espirais da atmósfera que a rodea, pero todo coa mesma cor... Acéptanse suxestións e ideas.
Aínda me queda un lenzo en branco. Para mañá :)
E hoxe... máis Trivial?? A ver se gaño algunha (grrrr)
Shot down
-it's just such a shame.
I bet you feel no pain.
Mercy!
Shot down
-it's just such a shame.
I'm losing at this game.
No fair! Why don't you seem to care?
Oh! Oh Goddamnit! I think I've lost it!
Oh God! Goddamnit, I think I've lost you!
Oh Goddamnit -- Hot Hot Heat
7 Dime ti
ja ja ja ja , hoy no he pillado nada de lo que has escrito ja ja ja, y eso que tengo al lado a Marta inventándose una de cada dos palabras para darle sentido.
Pero tranquila, prometo que en 1 mes aprenderé.
Requetebicos
9:11 p. m.
Si la primera vez que lo lees (como es mi caso) lo haces en castellano, no queda nada raro. De hecho es precioso.
Un superbeso, prometo aprender para que no me tengas que traducir más.
PD: a mi me gusta mantener las cosas en su idea original. Sin espejo.
7:58 a. m.
Buah queria decir con espejo...
7:58 a. m.
Boas. Veño directa dende o blog de Meighinha. Eu tamén son de Vigo e chamoume a atención atopar a unha paisana, asíq pensei en deixarte un saudiño. Lémonos!
bicos
7:39 p. m.
Jajaja, o meu blog une viguesas xDDD se é que estades ata na sopa!!
Eu tamén veño dereitiña desde o meu blog pra darche as gracias polo comentario e dicirche que os debuxos son moi bonitos (ainda que eu non entendo moito de arte) e o poema é precioso.
Pasareime por aqui a ver que contas :)
besiños.
10:44 a. m.
precioso, norabóa.
11:07 a. m.
Qué lindo!
Eres toda una artista!
Biquiños.
10:55 a. m.
Publicar un comentario
<< Home