Oh, la bohème
Antes de que comece a botar o clásico rollo sabeliano que nin vos vai nin vos vén, quero ofrecerlle ao amigo Captain Ross unha ovación, tres xenuflexións e dúas olas por colgar o grandioso vídeo dos créditos finais de Songoku, ademais, en galego, coma o aprendimos todas as da clase en 5º de EXB para cantala nos recreos. Graciñas e a seguir emocionándonos ;)
Ben... Imos ás novidades...
Non sei se comezar contando todo o que durmín, todo o que dixen que ía facer e non fixen ou a fiebre que tiven ontes e que impediu a noite das caipiriñas. O caso é que unha pensa que tras case unha semana sen actualizar debería ter algo que contar, pero, sorprendentemente, non é así.
Facer, o que se di facer, non fixen chispa, iso si, comecei unha organización mental e axendil digna do PDA máis sofisticado e da asistente persoal máis competente. Escribín o que teño que facer na miña axenda (moleskine querida). O mesmo en varios días, claro, porque como non fixen nada tiven que pospoñelo todo. E cheguei á conlusión definitiva que podería solucionar todos os meus estreses de querer facer-facer-facer e ver que non faigo-non faigo- non faigo:
Voume dedicar á vida bohemia
Oh, là, là, mes petits! Mais oui! La bohème!
Ou algo parecido.
Si.
Decidín que me vou dedicar ao arte puro e duro. Varias horas ao día, incluso. Estou vendo que necesito cubrir un número de horas equivalente a unha xornada de traballo facendo algo que poida ter unha certa productividade para evitar a hiperactividade, o exceso de cafeína e as idas de olla varias, para que os momentos de ocio e as fins de semana teñan sentido e para non caer na honguedade perpetua, que é unha espiral moito peor que a espiral de perdición.
Qué mellor que sacar adiante proxectos inacabados!! Non quita que vaia mandar CVs varios para, esperemos, algún día, ter un traballo deses que proporcionan ingresos (a ver se cotizando, dunha vez, no canto de engrosando as listas de becarios-precarios españois).
Así que, mentres tanto, penso deixar os dedos no teclado e cheirar a augarrás todos os días. Ata que se me seque a lentilla e se pegue ao ollo ou ata que me caian os brazos. Pero con moitas ganas, iso si.
Como todo bon plan, comeza o luns.
Hoxe chámame o sofá e, se cadra, os Sims, a ver se aprendo a xogar dunha vez.
Boas noites... ou Лека нощ!, seica
art is why i get up in the morning
but my definition ends there
you know, it doesn't seem fair
that i'm living for something
i can't even define
out of habit -- ani difranco
And true, it may seem like a stretch,
but it's thoughts like this that catch
my troubled head when you're away,
when I am missing you to death
such great heights -- the postal service
_________________
*Para quen queira entender todo isto un pouquiño máis... Non é perfecto, pero traduce :) (Click!)
5 Dime ti
Oh, lá, lá! Que che vaia ben na nova "vida bohemia" que che espera.
E sorte no de atopar traballo "deses que proporcionan ingresos" que a vida últimamente está moi cara :S
besiños.
1:13 p. m.
Ojala consigas dedicarte a la vida bohemia, a mi también me gustaria, pero por desgracia hoy en día comer es caro :(
PD: cuando aprendas a jugar a los SIMS me lo explicas!! que yo aún no lo he estrenado ja ja ja.
10:24 a. m.
eu penso que iso xa o intentei. pero gracias! prometo posts máis positivos :-)
3:28 p. m.
Isto da vida bohemia paréceme unha moi boa idea. Ademais, permíteche estar tirada polo chan da casa sen facer nada, e cando che preguntan 'que fas Beluka', ti contestar con aplomo 'estou creando, estou creando...'.
Empeza o luns... e se ves que é moi precipitado, pois ao seguinte... a arte non coñece horarios nin calendarios... e moito menos axendas!
Goza da vida bohemia mentres chega o traballo produtivo... jejeje...
Un bicoooo!
9:29 p. m.
Suerte!!!
y gracias por nombrarme en el principio del blog, me voy a ruborizar, jejeje.
por cierto a ver cuando me enlazas a tus favoritos, por fiiiii.
besazos :)
11:01 p. m.
Publicar un comentario
<< Home