// we don't look / like pages from a magazine / but that's all right // let's do it all imperfectly //

jueves, diciembre 29, 2005

Navidá, navidá, dulce navidá



Quen dixo que se acabara a maxia do Nadal? Seguramente foron os que quedaron cegos en outubro despois de ver os escaparates de Pórtico, ou os pais dos nenos que están a ter ataques epilépticos por ollar demasiado tempo a fachada do Corte Inglés. Pero o Nadal está aquí! Xa vai aló, coma quen di, pero nós mantemos a decoración ata que marchen os Reis, para brillarmos máis tempo ca o resto de Europa.
E este ano en Vigo brillamos coma naide. A señor alcaldesa puxo luceciñas (brancas todas, que os bombillóns seica están pasados de moda) polas farolas da cidade para que sexamos unha das cidades máis engalanadas de España. Ele. O que non vin eu tan comentado foi a repentina (para min polo menos) aparición das palmeiras. Que en todas as cidades hai palmeiras? Seguro. Aínda non sei por que, pero hainas. Pero as da Travesía de Vigo son palmeiras de plástico xigantescas, incrustadas en encofrados de cemento que terman delas, tan altas e maxestuosas. Eu quedei de pedra, se non chego a ir no autobús caio de cú.
Espero sinceramente que sexan algo temporal, de máis longa duración que as flores da Gran Vía, iso seguro, pero que non queden aí, intentando convertir Vigo nun paraíso tropical ou nunha versión de Santa Monica Boulevard.
Agora viñéronme á cabeza os anxos da Praza de España (e outros recunchos da cidade, creo recordar). Puxéranos un par de nadais seguidos... Unhas estrañas construcións de papel albal cuns cabezolos esféricos inimaxinables que seica custaran un bo pico cada un. E aínda había ben deles, eh. E é que aparte de feos (coma o demo) tiráballes a cabeza o vento e a xente destrozábaos... Coma todo.

En fin, que estamos en festas e nótase, aínda que a sensación se difumine cada ano e se perda parte do espíritu. Unha cambia de póla máis ca antes e pasa menos días coa familia, pero así dáse visto a todo o mundo ou case todo e pódense dar chuchiños de bo nadal e felicitacións de ano novo en persoa. O dos regalos deixareino para cando os poida mercar... ai, que desastre.

Boas festas e un feliz ano novo!!

Os animais da foto somos eu e Kira, a nova inquilina do fogar dos González-Panizo. Xa vos contarei como o levan os zapatos, escobas e, basicamente, todo o que roe (eu incluída).