// we don't look / like pages from a magazine / but that's all right // let's do it all imperfectly //

domingo, noviembre 11, 2007

A primeira era



A primeira
era a que esculpía letras en porexpán.

Gardábaas nun cuarto poerento, algunhas apiladas, outras estradas sen máis.
Ás veces formaban sílabas, palabras.
Se cadra se marchara de vacacións volvería para atopar poemas engarzados ata o teito.
Pero nunca marchaba de vacacións.

Cando remataba de redondear os bordes das letras, pintábaas de negro.
A última quedara con regueiros grisentos.
Pero moitas tiñan regueiros de pintura corrida.
Sería das bágoas. Sería do sol.

Ao chegar aquel amencer á casa, decidiu que a seguinte sería un 'a'.
Deixou a cazadora e o bolso estrados no sofá e non se molestou en acender a luz.
Xa logo amencería.
Tallou a forma, tosca, bosquexada, un 'a' de máquina de escribir.
Observouna, queda, varias veces, dende un metro, dende dous.

Logo ollou as boliñas brancas do chan e quixo deitarse nelas.
Coma se fosen neve, para facer anxos gardiáns de bólas de porexpán.
O 'a' quedou alí, facendo unha sombra alongada coa luz do sol.
A primeira adormeceu.
Non sabía que non o remataría nunca.




















(e, cando durmeu, as fadas do porexpán agarráronlle as pálpebras para asegurarse de que soñara, daba igual con qué. eu olleinas cunha lupa e logo marchei a modiño sen espertala, pero xusto entón, soou o teléfono)




and some vicious whispering voice 
keeps saying you have no choice
(...)
the pouring rain is no place for a bicycle ride
try to hit the breaks
and you slide
and you slide
and you slide

Slide -- Ani Difranco




4 Dime ti

Anonymous Anónimo di...

¿Onde están as fadas de porexpán? Quéroas xunta min para soñar, quen puidera soñar...con calquera cousa...

9:05 p. m.

 
Blogger Beluka di...

Están xusto no espazo que queda entre cada unha das bólas, agardando que alguén se deite, espreitando, e saben cada movemento que fas, coñecen cada centímetro da túa pel sen que o saibas... e, se non soñas, é que precisas un centímetro cúbico de porexpán.
apertas!

2:06 a. m.

 
Blogger Marinha de Allegue di...

Sonhar é preciso...

Unha aperta grande.
:)

7:25 p. m.

 
Anonymous ekis1331 di...

Os teus textos son fermosos.

10:54 a. m.

 

Publicar un comentario

Enlaces desta entrada

Crear un enlace

<< Home