Como diría Darwin...
Se queres ter fillos é mellor que os adoptes. Vai contra a evolución da raza que perpetúes os teus xenes
Algo semellante foi o que me dixera o Iago, aludindo tanto á miña torpeza innata (que non é pouca) como á multitude de problemas corporais que acarreo, entre os que se inclúen defectos visuais, óseos, dermatolóxicos e alérxicos.
No seu momento tomei o comentario como unha ofensa pero, segundo vai pasando o tempo e a miña falta de calidade na fabricación se fai patente, doulle cada vez máis a razón ao meu ex-compañeiro de piso.
Quen me coñeza sabe ben que sería capaz de mancarme mesmo nun cuarto acolchado. É máis, se alguén introducira nese cuarto acolchado un mísero quitagrapas, estou segura de que podería acabar coa miña vida, tendo en conta que só o achegarme a material de oficina xa me causa lesións (a isto chámolle a "Teoría do Quitagrapas").
No entanto, estou a descubrir que se paso un certo tempo alonxada dos quitagrapas, calquera elemento do meu entorno se pode convertir nunha arma mortal. O último en facerse con tal honra foi o forno.
Hamburguesas ao forno
1. Nunha sartén, rehogamos cebola* en ariños e pemento amarelo ou verde en tiras. Cando xa case estean, engadimos champiñóns en láminas (que sempre é mellor que os lamine un na casa que compralos xa así, pero iso sabédelo todos).
2. Sazonamos e especiamos ao gusto, engadimos un pouquiño de viño branco e deixamos que o consuma. Pódese botar mostaza que tamén lle dá saborciño (sempre despois de retirada a sartén do lume).
3. Na reixa do forno colocamos as hamburguesas sazonadiñas tamén. Sobre cada unha colocamos algo da mestura da sartén e máis unha rodiña de queixo de cabra. E pementa, se vos gusta. É que a min si que me gusta.
4. Metemos a reixa no forno prequentado e deixamos que as hamburguesas se faigan (uns dez minutiños).
Parece fácil.
Sí, é fácil.
A menos que no paso 4 esquezas que prequentaches o forno e que esa cousa que brilla cunha cor extraña na parte superior é unha resistencia. Quente. Moi quente. De feito, tan quente que, no canto de simplemente queimar, a pel (do pulso, neste caso) queda pegada a ela e fai "ffffrrrrsssss".
Resultado: queimadura do quince en carne viva.
Solución habitual: poñer betadine ou algo deso e unha tirita das grandotas.
Peeeeero
Problema: arredor da queimadura e baixo a tirita comeza a saír unha erupción que pica e que se vai poñendo máis rosita chungo por momentos.
Solución para Belukas: quitar a tirita, botar crema contra erupcións alérxicas, volver botar o gel de betadine, vendar zona afectada sen que o esparadrapo toque a pel.
Pregunta: POR QUE CARALLO SON ALÉRXICA ÁS TIRITAS?????( Antes de que o diga naide, SÍ, tamén ás que pon "hipoalerxénicas"). Non me afectan todas igual, iso é certo, algunhas podo soportalas... pero aínda así... homenomejodas.
Xuro que non sempre fun así. Pero tanto dá, porque remedio non ten.
Iso si... Algún día penso comer un kilo de percebes eu soa, acompañados de pulpo, almejas, vieiras e calamares, aínda que me teña que chutar os antihistamínicos despois.
E non sabedes canto me vai prestar.
I know a girl who should never be alone
She's a danger to herself
And I'm worried about her health
She's got a problem
she's got a problem -- Fountains of Wayne
_____________________________________
*A cebola pódese facer caramelizada tamén, que está moi rica. Só hai que deixala a lume moi lento e tarda unha media horiña ou así, removéndoa abondo. A forma rápida, que, coma para o pil-pil, sempre existe, é poñela co lume forte uns minutos removendo moito moito e, cando abrande pero aínda non teña cor dourada, botámoslle un par de culleradas de azúcar moreno e máis un chorro de viño branco. Déixase que consuma, removendo menos e logo moito cando o viño estea consumido. Un pouquiño de sal e... hala!
7 Dime ti
Non obstante, teño que recoñecer que a miña querida irmá ostenta un record en só 3 semanas vivindo no mesmo piso no que eu levo 3 anos: deu golpes con tódalas esquinas coñecidas e con algunhas que nin sequera eu coñecía.
Dende que ela está aquí nada é monotonía. Isto con Beluka adoita ser así en todo caso, pero neste en concreto hei recoñecer que xa me afixen a ese "aaaaaaaaauuuuuuuuuu" que escoito ó lonxe de cando en vez mentres traballo.
¡Es a mellor! Sobre todo porque no teu caso a supervivencia diaria é un plus de complicación.
8:12 p. m.
Jejejeje!! Belukiña!!
Ay! qué calamidad!!
Si te sirve de consuelo yo también soy más bien patosilla. A temporadas tengo las mismas rodillas que un crío de 5 años...
En fin...
Cuidadín con nosotras!! que somo peligrosas!!
Bicos!
8:22 p. m.
ja ja ja he visto alergias raras, pero a las tiritas???? jooooder.
PD: He intentado buscar una letra que sirva de antídoto de She's got a problem (por cierto gran canción y enormes los FOW) pero como a Gabi le está dando el ataque del bibe de las 21:00 sólo he tenido tiempo para encontrar un título.
The Hives "Antidote"
La letra no tiene nada que ver, pero al menos el título.....
un beso alérgico.
9:07 p. m.
Tía, telas todas!! O que non che pase a ti, non lle pasa a ninguén!! xDD
bikiños.
8:45 a. m.
Gracias!!!, ahora ya sé cual es el lado bueno de vivir en un piso sin horno. :P
Claro que tampoco te vayas a pensar que es la solucion definitiva (lo digo por si después de leer esto se te ocurre arrancarlo de cuajo y emigrarlo por la ventana). Yo, personalmente, ahora me quemo con los hornos de otros.
Ventaja: Como es el horno de otra persona, es muy probable que esté contigo para atenderte.
Nota para meighinha: ¿Comó que lo que no le pase a ella no le pasa a nadie?.¿Reniegas de mi?.¿Me vas a despojar de mi trono de "this shit happens"? :P
12:04 p. m.
Me encantó!!!
Estas bien loca...esto del blog es para vos!
Beso
8:49 p. m.
Voce tá muito maluca...eu gosto desso....(fale bem?)
8:51 p. m.
Publicar un comentario
<< Home