O.K.

boomp3.com*Both hands / letra
Había momentos nos que todo se pixelaba.
O meu mundo era recoñecible,
pero pouco nítido.
Había momentos nos que non era meu.
Nada era meu.
Divisaba entre 8 bits recordos de xogos de Atari,
e ansiaba cores novas,
tres dimensións,
o tacto máis electrizante do mundo.
E si, son os meus dedos,
son as miñas mans.
Son os meus sentidos,
ultrapotenciados.
Si, son eu a protagonista da aperta,
son quen non pode pedir máis.
E si, son os teus dedos,
son as túas mans,
e agradezo onde están.
Son as que suben o volume
(ganancias que non entendo,
o potenciómetro da miña pel)
e fan dunha cama baleira unha festa.
Había momentos nos que todo se pixelaba,
pero foron as miñas mans,
foi a miña cabeza,
quero pensar,
a que subiu a resolución.
E agora,
son eu a protagonista da vida,
son quen non pode pedir máis.
Había momentos nos que nada era meu,
agás eu.


8 Dime ti
Así que eres unha X-girl eh? ten que molar iso dos superpoderes...jeje
Mola a canción.
12:42 PM
Que sería dos pixeles e dos bits sen os dedos, as mans, a pel, os ollos, mesmo as bágoas...!
Gustei do texto, apertas.
1:51 PM
encántanme os pixeles!!!
7:34 PM
Facer dunha cama baleira unha festa... fermosa imaxe, fermoso verso.
12:37 AM
Qué buen el texto... en tu línea. Oye, cuando vos pueda, mira el cambio de blog en el enlace, que tienes puesto mi antiguo blog!!!! jejejeje. Un abrazo galleguiña!
12:52 PM
Galleguiña buen finde!
5:32 PM
Canta razón tes nun intre pixélase todo...
Debemos aprender a mirar pixelado...
Beijos guapa.
:)
12:19 PM
Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) no sigular recinto de Os Pendellos, o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presenza.
Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
Tes información do programa de actos no seguinte enderezo:
http://blog-xuntanza.blogspot.com
12:56 PM
Publicar un comentario en la entrada
Enlaces desta entrada
Crear un enlace
<< Home