Pour qu'on y reste
Se o frío non che encolleu as dedas
é que non vai abondo.
Se cadra escorrentámolo
con café
con apertas
con whisky
con palabras
con olladas
nun bar de tenue luz amarela
e cabichas no chan.
Parei o tempo e mireite dende outros ángulos.
Eras un perfil recén debuxado,
unha silueta alongada sobre min,
unha sombra na parede,
unha ollada atenta,
un pensamento perdido.
Dinche un toque no ombro
e saqueite da man daquela fantasía estática.
Eu debín quedar atrapada.
Sinto non ter escoitado o que dixeches entón,
perdinme ollándote.
Perdinme en risos de tragaperras,
aloumiñeite enteiro co pensamento,
din voltas no aire nun tambor de lavadora
e estoupáronme fogos artificiais
nas puntas dos cabelos.
É a miña maneira de convidarte ás miñas sabas novas.
É como te quero arrastrar, espir, bicar, apertar.
É como debuxo como moverme sobre ti,
debaixo de ti,
onda ti.
É como rematamos rindo ao amencer,
como nunca espertamos de verdade,
como,
pouco a pouco,
nos esperta só a pel e percorrémonos coas mans
ata percorrernos cos corpos cálidos,
tensos, excitados,
suspirando,
xemindo,
eu calo,
ti non,
e...
E co sexo encóllenseme as dedas.
Coma co frío.
'cause when i look at you
i squint
you are that beautiful
slide - Ani Difranco
I got a burning passion in my throat.
I got a burning passion inside me.
I got a job that wastes my time and gift.
I got a life that needs a serious lift.
more for me - Tegan and Sara
12 Dime ti
Gústanme esas sensacións de inverno
9:51 p. m.
este inverno si se me encolleron as dedas, ainda asi buscote nas tabernas, debaixo das lamparas, encima dos xornais ao caron dun whisky y arredor damiña siñueta recen descoberta...
coma ves gustoume moito a poesia
apertas dende esta compostela tan xeada coma luminosa....
ah! y un biko
5:02 p. m.
Nada máis cálido que estes teus versos para afrontá-los fríos invernais con algo máis de vontade.
Saúdos saudosos.
1:11 p. m.
O Inverno trouxonos un ar distinto fresco e distinguido, frío e contundente...
Beijosssssss.
:)
10:17 p. m.
O frío e as tentativas de fuxir del, de loitar porque non se nos encollan as dedas... Interesantes versos.
12:17 a. m.
gustoue este xeito de convidar ás sabas novas e de arrepiar a friaxe para espantala coa forza da calorciña do amor e o sexo.
Unha beleza de versos-
7:26 p. m.
Feliz 2008.
5:14 p. m.
Feliz Noite Máxica!!!.
Feliz Ano Novo!!!.
Beijos de 2008.
;)
7:50 p. m.
Buenas compi!!!! Ya estoy por aquí de nuevo... Espero y deseo que 2008 te venga cargadito de ilusiones y que tus propósitos se cumplan!!! Un abrazo!!!
4:13 p. m.
Gústame, gústame a tua forma creativa de contar. Un saúdo.
12:11 p. m.
¡Que grande es! E eu que me estaba a perder esta etapa tan prolífica e poética... na que vexo que non che faltan admiradores. Sabes que eu fun a primeira. ;-)
Sempre.
3:20 p. m.
http://amargama.foroactivo.com
FORO DO GRUPO AMARGAMA, NA TERRA DE LEMOS. INFORMACION SOBRE RECITAIS, PUBLICACIÓNS DA REVISTA, ETC.
12:17 a. m.
Publicar un comentario
<< Home