// we don't look / like pages from a magazine / but that's all right // let's do it all imperfectly //

viernes, marzo 07, 2008

Un meme!

Aínda que tarde, respondo contenta e halagada ao meme para o que me nomina Aralis. Lala e Auria saíron airosas, non sei se eu estarei á altura...

O peor regalo que recibín... pois dá que pensar. Creo que nunca recibín algo especialmente horripilante, pero sempre lembro como exemplo de mal regalo uns pendientes que me regalara un mozo que tiven. O tema non eran os pendientes en si, sen máis, senón que eu nunca cambio os pendientes (salvo voda ou evento de postín), levo un nunha orella e tres na outra e sempre son os mesmos. A cousa é que significa que, despois de case dous anos, o rapaz non só non tiña nin idea senón que os escollera súa irmá (amiga miña pouco observadora), i eu recorrendo tendas para atoparlle unha sudadera monísima. Aínda por riba, os pendientes eran feos.

É o único que se me ocurre... pero para regalo chungo, un barco de sal que lle regalaron á miña irmá, Iria, cando casou. Algo coma o da foto, pero metido nunha caixa de madeira e cristal. Se mo regalaran a mín habíame caer a cara, pero ao velo na casa deume para rir moi largo.

O mellor regalo... deses hai varios. Aínda que miña nai tende a dicir que son moi “especialita”, penso que son fácil de contentar. Os mellores regalos non son os máis caros ou os máis impresionantes, aínda que sempre molen, claro. Os mellores son os que son especiais para un, que demostran que te coñecen, que saben que che gustará e que significan que se acordaron de ti.

Deses, uns cantos, desde libros (para miña colección de Harry Potters noutros idiomas, por exemplo), libretas (moleskines e de Divinas Palabras), botellas de Orangina traídas de París, moreas de posavasos, libretas para debuxar, pinturas novas, cómics antigos, etc. E con todos eles, quedo parva coma unha picariña cun xoguete novo (creo que podería competir a cara de flipe cun neno de cinco anos mirando unha caixa de cores).

Dos máis impresionantes e tremendos: o meu primeiro ordenador portátil (Pepe Portátil), (moito chorei, mi madriña, que emoción), regalo de papis; a Nintendo DS deste ano de parte de Iria e David, xunto co disco duro portátil e a batidora de papis (si, faime ilusión unha batidora, que pasa?); e a pulseira de Sabe-Licenciada, que non a poño moito, pero certamente funciona como dixera miña nai, de recordo para sempre. E iso sempre está ben :)


Hai que nominar a outros, entón? Pois a ver se se animan Bule Bule (a irmá belukiana) Ra (arriba che conto por que tardei en actualizar!) e a Pícara de Allegue.

Apertas!

2 Dime ti

Anonymous Anónimo di...

Para min tamén son os peores regalos, os que fante pensar que non te coñecen... é unha decepción moi grande!!!!

Eu tamén teño ganas de poder manter unha relación máis cercana...imos ter que facer algo co neno cadaver!!!!!

Bicos!!!

3:12 p. m.

 
Blogger Iria di...

¡¡¡Esssse barco de sal!!! ¿É que sería sen él da "habitación do barco de sal"? Antes era simplemente a nosa ex-habitación. Pero agora nunca deixará de ser a habitación do barco de sal, por moito que mamá se empeñe en facer alí un estudio/sala de estar.

Un día teño que enterarme do que vale un barco deses, porque habiamos acabar de flipar. E, por certo, que hábiles estivemos levándoo para Cervo... que o noso piso é pequeno e vaia susto cada vez que nos cruzaramos con el, jeje.

2:38 p. m.

 

Publicar un comentario

<< Home