Pulsa F5
Seica así se actualiza...
Non sei se hai algún F para pedir desculpas pola falta de F5, así que o terei que facer de xeito analóxico.
Para iso, penso que a mellor forma é deixarvos un novo texto... Ese que comecei hai cousa dun mes e tardei semanas en rematar e colgar. Aí volo deixo, coa esperanza de que vos guste.
Aproveito o momento apoético para agradecer as visitas, tanto dos que levades tempo pasando por aquí tomar o café como dos que veñen de descubrirlo. Graciñas, graciñas, graciñas (sigo negándome a poñer grazas, síntoo).


Para os que se rían, direi que teño unha idade cerebral de 22 (a mellor é 20, seica). E xa sei sumar outra vez. Iso si, o Zelda durou menos dun mes. Pero algo debe ter agochado, así que seguirei nintendeando ata acadar a absoluta mestría do videoxogo. Non, non, non deixei de actualizar por xogar. Tamén traballei, e abondo, traduce que traduce, coma agora, aínda á procura dunha nómina a fin de mes, pero moi contenta e chea de proxectos.
Se é que hai cousas que non cambian...
Coma o de inspirarse ao pé do mar. Coma o ben que sentan os cafés e as cañas mirando para el, seña ría ou mar aberto.

Apertas blogueiras.
17 Dime ti
:) Pues sí que hace tiempo sí... pero se te ve tan bien... :)
Y que siga!
Bicos
2:57 p. m.
F5 F5 F5 Siiiii, Beluca actualizou!! :D
Benvida de novo :)
Penso que as ansias por actualizar van minguando a medida que nós crecemos, pero hai que botarlle un pouco de entusiasmo e sacar algún que outro texto de vez en cando :P
besiños, seguireille petando ó F5
8:41 a. m.
Guau....que boas novas todas todiñas...e que juapo o rapas da afoto!
9:06 a. m.
Estupendo! Tes unha pinta espléndida.
10:31 a. m.
Benvida, a as palabras enfíaas bastante ben, que conste.
1:23 p. m.
Ti non deixes de enfiar palabras que ademáis é outro xeito de traballar a memoria, e se non ves ao meu taller de memoria e motricidade e xa verás que bos ratos pasamos.
Apertas.
7:27 p. m.
Menuda parella, amiga!!! gústame moito, veros tan xuntiños!!! xa teño gañas de que nos visitedes e podamos coñecernos mellor!!!
Un biquiño moi grande
8:15 p. m.
Por certo descubrín hai un pouco quen eras!! agora xa sei onda encontrarte.
mais bicos
8:17 p. m.
Juapo juapo non é, pero ten un pelaso... Si, hai que recoñecer que é unha foto ben bonita.
Así que esa é a túa irmá (moi guapa, si señor). Non creo nada o da idade mental de 22, seguro que fas trampas.
Por certo, non son o máis indicado para dicilo pero creo que non das puntada sen fío (como ves, non podo deixar de facer referencias ó mundo da moda... XDDD)
8:37 p. m.
eu conseguín unha vez 21, pero nunca máis... é o que ten xogar as 00:00 cando unha xa non ten reflexos para nada, agora, ando polos 28, máis o menos!!
8:43 p. m.
O retorno esperado, o ansiado retorno...
Unha apertaaaaaaaaaa linda.
:)
10:32 p. m.
Que bueno que volviste belukinha mina. (se dice asi no? ja ja ja).
En fin, se te echo de menos por aqui.
Tendrás un montón de textos, historias y cuentos que compartir no??
Biquiños mil
10:49 p. m.
benvida de novo e parabens polas ganas de regresar
seguro que nos sorprendes con moitas novas
bikiños
12:45 a. m.
que fotazos!!!!!!!!!!!!!!! pois a ver se tes sorte e te collen jejeje
1:18 a. m.
Parece que estiveches ocupada envolta na felicidade.
Un saúdo.
10:30 a. m.
soñeino ou andabas hoxe pola FFT? xD as miñas neuronas están acabadiñas con tanto exame... ains!
5:31 p. m.
Carafius, o bom de navegar á deriva pola blogosfera, é que sempre atopas blogs originais ou interessantes...a ver se caio mais vezes por aquí...
4:42 p. m.
Publicar un comentario
<< Home