O home de vinilo
O home de vinilo é mouro coma a noite.
Un suco finísimo percorre o seu corpo
da cabeza aos pés,
e agocha melodías, ritmos e sons que ninguén coñece.
O home de vinilo vive baixo a cabina do dj,
nun buraco acolchado con teas e coxíns
para non raiar as súas pistas contra as esquinas.
Os sábados á noite,
senta nunha butaca verde,
sorbe whisky con coca-cola por unha palliña
e escoita atento as sesións.
Cando é hip-hop,
dá co pé no chan.
Cando é minimal,
move a cabeza e sorrí,
amosando unha galleta vermella de Television Records.
Cando pincha ela
a súa perfecta combinación de músicas,
fica quedo,
observa
e teme derreterse de paixón e estragar as pistas que o cubren.
Ela é un androide cuberto de terciopelo granate,
con finas agullas nas xemas dos dedos,
que fai malabarismos cos discos
e esculturas cos sons.
El pensa que é fermosa coma o son dun piano,
que a súa música sona coma un cadro de Lempicka,
que o seu sorriso brilla máis có revés dun cd,
que as súas palabras riman todas.
E por iso non lle fala.
Pero hoxe empuxámolo onda ela,
presentámolos,
ao home de vinilo e ao androide de tercipelo,
“el ten música no canto de estómago”,
“ela fai remezclas cos ollos”.
E, cando a súa conversa foi máis densa cá música
cando xa era mañá e abrían as panaderías,
cando cruzamos os brazos e puxemos cara de querer pechar,
o home de vinilo e o androide con agullas nos dedos apertáronse,
e soou a melodía máis bonita que escoitáramos nunca.
Alguén lle subiu os baixos,
alguén subiu o volume,
e remezclámola e bailámola,
mentres eles xiraban, soaban e se bicaban,
ata que caímos rendidos, estrados polo chan,
e xa abriran os quioscos.
i never loved nobody fully
always one foot on the ground
and by protecting my heart truly
i got lost in the sounds
i hear in my mind all these voices
i hear in my mind all these words
i hear in my mind all this music
Fidelity -- Regina Spektor
8 Dime ti
Ufff...a criaçom é sempre um acto de amor, com vagas fortuitas de fortuna.
7:59 p. m.
Qué bonito!!!
Gústame pensar na metáfora, que implica...moi bonito!!!
Un biquiño.
Por certo espérache un meme no meu blog!!!
3:27 p. m.
vermello... o seu soriso só podía ser desa cor, vermello.
4:39 p. m.
Boa maneira de recibir o amencer.
10:08 p. m.
Cáeme ben o tipo ese :)
8:22 p. m.
Nenita, ¿dónde andas?
12:15 a. m.
Moi divertido. Rin e disfruteino. Apertas.
2:10 a. m.
Bonita historia de amor entre inanimados, capaces de provocar emocións en terceiros alleos a aventura.
Orixinal e apaixoado, coma sempre.
Un saudiño.
7:10 p. m.
Publicar un comentario
<< Home