// we don't look / like pages from a magazine / but that's all right // let's do it all imperfectly //

viernes, diciembre 07, 2007

Porque hoxe é inverno


Porque hoxe é inverno
os espellos reflicten néboa.

Na miña rúa só pasan homes con gabáns
todos teñen a mesma cara
todos se saúdan cun aceno da cabeza
todos levan maletíns de coiro
cheos de reloxios.

Os tellados detrás de Manuel Núñez
estanse convertindo en París
e os homes dos gabáns non tardarán en asaltalos.
[18ème arrondissement.
montmartre.]

As bailarinas mortas sairán do Moulin Rouge
(aló pola Ronda de Don Bosco)
correndo,
axitando plumas e sosténs
e abrirán os peitos sanguiñolentos
baleiros
e pediranlles reloxios
que lles devolvan o ritmo
que accionen as pernas
que substitúan os corazóns que perderon
nunha partida de póker cando querían gañar diamantes.


Os peitos péchanse con candado
e os homes dos gabáns gardan as chaves nos maletíns
antes de subir aos tellados
detrás de Manuel Núñez
en París

Antes de xogar á brisca con cadáveres
e ao xadrez con magos
apostando os corazóns perdidos
das bailarinas mortas do Moulin Rouge.





that i would be great if i was no longer queen
that i would be grand if i was not all knowing

that i would be loved even when i numb myself
that i would be good even when i'm overwhelmed
that i would be loved even when i was fuming
that i would be good even if i was clingy
That i would be good -- Alanis Morissette

6 Dime ti

Blogger R. A. di...

Acabo de descubrir este blog e vexo que virei máis a miudo.
Gustoume este poema. Hai versos fermosos e poderosos nel, como os que lle dan comezo.
Noraboa.

11:55 p. m.

 
Blogger Son Unha Xoaniña di...

O ratón viaxeiro do meu ordenador vaime levando clica aquí e clica alí, de un blog a outro, e así vou coñecendo sitios novos, coma este que me encantou, un poema fermoso e ben escrito, Teño que ler máis.
Poñereite nos meus links. Un saudiño.

1:39 p. m.

 
Blogger pedro di...

porque hoxe e inverno, e por moitas cousas máis, voltei... espero que por moito tempo...

bicos

2:30 p. m.

 
Anonymous Anónimo di...

Aquí en Madrid é frecuente ver a ises homes con gabáns no outono, e sempre que me atopo algún deles coincídeme que chego tarde a algún sitio.
Sabes, creo que Magritte tamen sabía deles, pintounos nalgún cadro... Golconde se chamaba, creo...

9:28 p. m.

 
Blogger Raposo di...

Fermoso este poema latexando nun Vigo/París máxico/onírico, de gabáns e bailarinas.
E interesante este blog que non coñecía e que irei lendo e saboreando pouco a pouco.
Unha aperta.

7:40 p. m.

 
Blogger Marinha de Allegue di...

Que non se pechen os peitos, que se enchan de ar e vida...

Unha aperta grande.
:)

2:19 p. m.

 

Publicar un comentario

<< Home