O outro día, un dos moitos nos que pensei que a ver cando escribía algo por aquí, ocorréuseme como comezar a entrada. E estaba ben a fraseciña. Pero como teño
memoria de peixe (do peixe máis parvo que poida haber) non me lembro. Así que vai ir así porque tampouco teño tempo de pensarmo máis.
Al grano (to the grain, jejejeje), que
Pedro xa se me anda queixando…
A longa viaxe
Nunca mellor dito. Foi esa fin de semana que iba á casa, en principio, como contaba, en autobús (perdón, autobuses… chegar a Cervo é toda unha aventura). Ao final coincideume chamar dende a oficina a unha rapaza de Burela que iba á casa e díxome que fora con ela, aínda que tiña que ir por Ourense primeiro. E fun,
por que no.
Fóronse xuntar a fame coas ganas de comer, certamente. Eu non apuntei o seu número e ela perdeu o meu… pero tras varias chamadas en cadena localizouno, chamoume e saímos de Vigo ás 16:30.
Chegamos a Carballiño, onde tiña que parar ela sobre as 6 e algo… Iso si, despois de pasarnos a saída de Ourense e darnos conta case en Portugal e despois de pasarnos o Carballiño e ter volver pa’ atrás. Pero chegamos. Eu esperei por alí tomando algo. Haiche unha iglesia ben xeitosa, por certo. E acabamos saíndo de alí como ás 7 e media… por Ourense. A odisea para encontrar as saídas axeitadas tanto en Ourense como en Lugo non a conto, pero risas mil, a pesar de chegar á casa ás 11 da noite, revivindo o clásico
Vértigo que nos acompañou aló polos 90. Iria e David chegaron antes de Madrid ca mín de Vigo… pero estiven no Carballiño que nunca estivera, que carallo.
A finde estivo ben, relaxada. Longos paseos e carreiras
pola praia con
Kira, Iria e David (só 1 deles é unha cadela), algunhas cañiñas, como non, e coñecer a
Tombo, o peluchiño da foto que resulta ser un can de verdade a pesar de que non o pareza.
“Hey, I’m so nervous… I might throw up!”A frase medio pláxioa de
Chandler en Friends… pero é que me pasou pola cabeza varias veces o martes pasado.
Aló fun eu, tan contenta, como tantos outros días, ao rectorado (ui, perdón, reitoría) a que me rexistrasen convocatorias. Chamei á oficina dende rexistro e a miña compañeira, Sonia, comentoume que chamaran do departamento (de tradución e lingüística, se entende) para ofrecerme dar clase.
Estrés. Chao al rollito Zen.Taquicardia e shock anafiláctico.Hiperventilando cual deportista de élite volvín á oficina e chamei ao respectivo funcionario, que moi amablemente me dixo que se quería dar clase na facultade, substituíndo a Lugrís (Introdución á Tradución, Inglés>Galego, de 1º de Tradución e Interpretación). Así. Coma quen frega. Que si quero?
Si, joder.
Paso 1: comprobar compatibilidade coa beca da ORI.
Estado: compatible.
Paso 2: comprobar dispoñibilidade horaria.
Clase: Luns e Martes de 11 a 13. Traballo: de Luns a Venres de 9 a 14. Estado: compatibilidade supeditada á recuperación de horas. Novo horario de traballo: de 8 a 14.
Paso 3: chamar ao departamento e decir que
onde teño que firmar.Ao saír do curro procedín a achegarme ata a facultade, ao departamento, non sen antes chamar a Iria para compartir emocións varias. No departamento entreguei un CV e pedíronme unha ficha de perceptores. Estupendo.
Que máis?Ah, si, empezas
o luns.Hiperventilando outra vez pregunteille se me podía dar un programiña da asignatura ou algo e aí quedou a cousa. Logo recibín algo máis de información por parte de outras fontes e resultou que non teño despacho nin titorías pero si unhas cantas fotocopias (con mi tarjetita y todo).
Supoñíase que ese día empezaba en
aerobox... pero se xa me parecía que ía vomitar sen dar saltos aeróbicos, como pa' ir. Eee
ergooooo... non fun. Á clase de alemán, tamén primeiro día, si que tiña pensado ir, pero o Centro de Linguas xogoume unha mala pasada. Cando chamara dixéronme que era na aula A16. E aló fun eu, en Filoloxía e Tradución, ao pavillón A, buscar a aula 16. Que non existe, por certo. O conserxe informoume de que non era a primeira vez que pasaba isto e moi amablemente chamou para saber onde era. E era (e é) no edificio de ampliación de Minas. Que queda a tomar por saco cando a clase empeza ás 4, son as 4:25 e non queres andar. Así que esa empeceina o xoves. E
sehr gut, a verdade. A aerobox aínda non fun... non por medo, senón por dardos, cafés e perezas varias.
“¡Eh! ¡Hay una tía ahí sentada!”Esta foi unha alumna moi perspicaz. Ou
a primeira cabeza, como lle chamo eu.
Porque, como dixo o rapaz do departamento, empecei o luns.
Bueno, o luns soltei o clásico rollo obxectivos-metodoloxía-avaliación e deilles traballo (todo na miña
páxina web… me lo estoy curraaaando) pa’ o día seguinte. Seguindo os consellos de Sandra, cheguei eu antes (según ela, “si tropiezas, es mejor tropezar antes de que te vea nadie”). Coloqueime, remexinme e de alí a un anaco apareceu a primeira cabeza no marco da porta. Tan rápido como aparecera, retirouse e dixo “¡Eh! ¡Hay una tía ahí sentada!”. Marabillada pola capacidade de observación da individua en cuestión, fiquei onde estaba. E apareceu
a segunda cabeza que en só uns segundos comprobou que, efectivamente, había unha tía alí sentada (
i.e. eu). A terceira aparición foi un corpo enteiro e pedinlle que animara ao resto de cabezas e corpos a entraren. Super debut de mobilización de masas.
O día seguinte corriximos un pouquiño o texto e deilles “teoría” (entrecomílloo porque non era teoría pura e dura coñazo desa de “a tradución empezou en mesopotamia e blah blah blah”) e a verdade é que me costou un pouco encher as dúas horas, ou máis ben a primeira hora. Teño que estar preparada para a seguinte, pero xa me chegaron (ao segundo intento) os
apuntes de Lugrís de primeiro e penso que algo podo sacar de aí. Moitas ideas polo menos.
Fáiseme raro ver os apuntes e pensar que xa teñen
7 anos. Cos seus debuxiños de cando me aburría… Coas follas que faltan de cando non ía á clase… Con como catro tipos de letra diferente, uns máis comprensibles ca outros… E pensar en que as miñas alumnas (son maioría, éche o que hai) naceron aló polo 87 ou 88 e están na universidade! Si parece que eu empecei a carreira ontes… Supoño que é coma o trauma dalgúns amigos que se preguntan como pode alguén ser do 81 (“¡si ni te acordarás de
Naranjito!”) sen ser “pequeno” e estar no instituto.
Pero as cousas non cambian moito. O comportamento das novas xeracións vén sendo coma o noso. Están
os que sentan ao fondo e cando lles interesa algo erguen a cabeza por riba do resto coma saltando,
os do medio para atrás, agochados para atender só o necesario e indispensable e que non se vexa que están facendo outra cousa,
os do medio para adiante que te miran raro e
os de diante de todo que están superdereitos e te miran máis aínda, asentindo ao que dis. Claro que agora o vexo dende a fronte, sen
Fer nin
Rouf nin
Paula aos lados para xogar a algo ou facer comentarios sobre a xente, sen poder non ir á clase para botar unha pocha ou xogar ao pingpong. Pero está ben, está ben… Imos avanzando e penso que non se me ha dar mal de todo. Seguindo o exemplo do
gran Lugrís que esperemos se recupere pronto, a pesar de que iso signifique que se me acaba o choio que, por certo, me gusta e moito.
Supoño que podo cambiar de opinión nas vindeiras clases,
todo se andará. Agora queda preparar ben todo e o bon é que teño tempo (carnaval, carnavaaaaaaaal)… Teño días, enténdese, porque o que é
tempo… ese teño que repartilo ben, para acabar dunha vez co manual, darlle un gran empuxón ao DEA e que non se me xunte todo coma o ano pasado. Polo menos aprendín a dicir que non a máis traballos mentres non acabe cos que teño, o cal é un gran paso, crédeme.
E así, a lo tonto a lo tonto, é
viernes. E coma todos os venres… xa me ule á caña.
Apertas partout.___________________________________i know men are delicateorigami creatureswho need women to unfold themhold them when they crybut i am tired of being your saviorand i am tired of telling you why
Origami – Ani DifrancoAll you people are vampiresAll your stories are staleThough you pretend to stand by usI know you're certain we'll failPerhaps Vampires Is a Bit Strong But… -- Arctic Monkeys