// we don't look / like pages from a magazine / but that's all right // let's do it all imperfectly //

martes, enero 16, 2007

Hai un pingüino de Corinto no meu mascarpone...



Xa, xa, xa o sei.

Non teño vergonza ningunha. Non vallo un peso e recoñézoo.

Prégovos, iso si, que teñades en conta a cantidade de post-its que gastei para ir apuntando cousiñas que contarvos e que nunca din posto ao xeito.

Quería desexarvos un bo nadal e un feliz ano novo, pero apodrecéronme os posts, volou o tempo.

Quería contarvos o meu trauma ao descubrir que existen pasas sen pepita, unha nova aberración do século XXI que seica ten que pasar inadvertida e ser "mellor", cando eu quero que a uva pasa me faiga crunchi-crunchi cando a roio.

Quería dicir que fin de ano en Vigo foi excelente e mandarlles bicos a centos ás presenzas nacionais e internacionais que non esquezo desde a fría capital.

Quería confesar que a adaptación non é de todo sinxela, pero que as novas amizades e as reencontradas axudan moito, sen esquecer á familia, e que semella que todo vai ben.

Quería sorrirvos dende aquí e convidarvos a unha caña e a palomitas, mentres prometo volver a actualizar asiduamente.

Quería sacarvos a lingua e dicirvos polo baixiño que o que vai ben ha de ir mellor.




i hereby amend
whatever i've ever said
with this sigh

the true story of what was -- ani difranco

1 Dime ti

Blogger DANI di...

Yo más que palomitas y cañita, prefiero un jamocito y un vinito ja ja ja, se aceptan de buen gusto.

Feliz año a ti también con retraso.

8:01 p. m.

 

Publicar un comentario

<< Home