// we don't look / like pages from a magazine / but that's all right // let's do it all imperfectly //

domingo, diciembre 17, 2006

O buceador

Se cadra é moita actualización para unha soa vez... Pido desculpas pola ausencia e prometo, coa cara de esforzo máis grande que podo poñer, que non volverá pasar sen causa xustificada... Como xa comprobastes, máis caralladiñas directas dos miolos de Beluka ao mundo blogueiro, pasando pola moleskine primeiro, coma sempre.

Apertas, bicos, agarimos e bos desexos.

«Cando espertou, deu media volta e buscouna ao seu carón. Houbo un momento de tensión, de medo, mesmo, no que non a atopou e púxose a rebuscar baixo montes de sabas e edredóns de plumas, por túneles de colchón e minas subterráneas de almofadas. A uns tres metros da superficie, deu cunha veta de neve e seda que só podía ser a súa pel. Bicouna para comprobar que era ela. Non tivo dúbida, sabía ós doces soños que lle desexara á noite.

Observou o seu corpo dende moi preto. O peito, que tantas veces lle servía de almofada, subía e baixaba ao compás de profundas respiracións, os beizos curvábanse nun estraño medio sorriso. Voou sobre ela, flotando no pesado aire da mañá e comezou a bicala polos pés, avanzando sobre o seu corpo paseniño. Ela moveuse cun lento espertar e cun sorriso máis profundo. El somerxiuse nela sen escafandra e buscou cóxegas e peixes de cores.

Detrás dun peixe paiaso albiscou o que semellaba unha sala de cabaret. Cando o peixe se apartou de diante súa, asustado, el seguiu avanzando pola húmida bóveda ata as mesas redondas e en penumbra que se erguían na superficie, coma se flotasen. Sacou o seu corpo espido e quente do líquido e mirou ao seu redor. As lámpadas de pé das mesas alumáronse de súpeto creando unha tenue atmósfera amarelenta e, á fronte, na escea, un potente foco iluminouna.

Ela estaba de pé, sorrinte, coas mans apoiadas nas cadeiras, levemente cubertas por un axustado corsé negro, mirando para el, o seu único espectador, con ollos sensuais.

O espectador permaneceu inmóbil mentres de fondo comezaba a soar unha suxestiva melodía de jazz. Ela moveuse pola escea, contoneándose, erguendo no aire as brancas pernas envoltas en lycra negra, convidándoo con cada xesto e ofrecéndose a el en cada ollada.

El sentiu cómo un látigo o agarraba polo pescozo e tiraba del cara á escea, cara a ela, ata verse baixo o foco de luz deitado, coas mans atadas tras a cabeza. Ela riu fronte a el, o seu prisioneiro, ata afogar o riso nun xemido que lle endureceu os peitos.

El mirábaa en silencio. Paseniño, ela achegóuselle e axeonllouse sobre el, sentindo a súa excitación entre as nádegas e recorreuno coa lingua, bicando e lambendo o seu peito, o ventre; nos oídos só sentía a súa respiración apaixoada, os xemidos ao abranguir os beizos o seu cálido sexo, as queixas cando paraba para que lle pedira máis.

Sen deixar de agarimar o seu corpo coas pernas, ela quitou a modiño as poucas prendas que levaba, permitindo que o tocase toda a súa pel, achegándolle os peitos aos beizos e xemindo ao seu oído.

Baixo a nívea pel que se lle ofrecía, el pechou os ollos e, ao abrilos de novo, descubriu o xa esquecido edredón tras ela.

A escea de cabaret tornárase cama de novo e semellaba que ela dera chegado á superficie canda el, sobre el. Penetrouna profundamente, a modo primeiro, máis rápido despois, e ela deixou escapar todo o alento que tiña no seu pescozo. Remataron nunha aperta luminosa e forte. Ela regaloulle un sorriso e un agarimo xunto cun frasquiño dela para que non a esquecera. El deulle un xardín e un ventanal e un furadiño para velo cando estivese lonxe.

Alongáronselles os brazos e a aperta deulles catorce voltas e media, fíxose tan pesada que se afundiron de novo ata perdérense mil veces máis nunha cova de plumón que ao fondo da bóveda ten un salón de cabaret.»


i'm cradling the hardest, heaviest part of me in my hand

the ship is pitching and heaving, my limbs are bobbing and weaving
and i think this is something i understand
i just need a couple vaccinations for my far-away vacation
i'm going to go ahead and go boldly because a little bird told me
that jumping is easy, that falling is fun
up until you hit the sidewalk, shivering and stunned

and they can call me crazy if i fail
all the chance that i need
is one-in-a-million
and they can call me brilliant
if i succeed
gravity is nothing to me
moving at the speed of sound
i'm just gonna get my feet wet
until i drown...

Swandive -- Ani Difranco


4 Dime ti

Blogger DANI di...

Que relato!!! precioso!!! aunque las escenas de sexo, la proxima vez me las salto, porque brrrrrrrrrrrrrr ja j aja.
(y eso que no lo pilo todo ja ja ja)

un beso cariñoso

10:04 p. m.

 
Blogger Unknown di...

dioss que descripcións. É increible como a imaxinación dunha pode voar tanto, noraboa!

bikiños.

8:24 p. m.

 
Anonymous Anónimo di...

É a miña primeira entrada neste "Café das letras" mais que agradable me resultou tanto o descubrimento coma ler todo o que aquí hai.

Unha aperta grande.
:)

2:11 p. m.

 
Blogger Ana Bande di...

Precioso! Aproveito para mandarche unha forte aperta, virei máis por aqui.
Ana Bande (Biblioteca FFt)

2:32 a. m.

 

Publicar un comentario

<< Home