// we don't look / like pages from a magazine / but that's all right // let's do it all imperfectly //

sábado, julio 22, 2006

Todo n

Admítoo, jodeume que Pedro actualizase antes ca mín. Entre outras cousas porque tiña preparada unha frase introdutoria aludindo á súa falta de renovación e, ala, vai e volve ás andadas.

Pois mira, dáme igual. Agora xa foi, Marica non chores.

Eu dispóñome a renovarme (o morir!), con todo o meu orgullo e coa esperanza de que o meu estado neuronal, a golpe de mediodía do sábado e acabada de levantar, sexa óptimo.

Factor importante: deiteime ás 7:30
Factor importante (II): levanteime ás 11

Logo...

N2= 7:30

Pero non é tan fácil, xa que:

N2= [S+(Cx4)+(Wxn)]n

Donde N2 é a noite de ontes e S é cóctel de sandía. Todo "n" veces. . Ad infinitum. Ou hasta as 7:30. Iso si, curiosamente, [S+(Cx4)+(Wxn)]n non é sempre nin necesariamente igual a 7:30. Podería ser peor.

A combinación dos factores en N2 cos locais en V (sin elevar a nada, só V de Vigo) foi moi satisfactoria aínda que melancólica ao mesmo tempo. É a cousa das contínuas despedidas, que agora son as últimas despedidas, que me pon mítica, melancólica e nostálxica e me falta ir inmortalizando o mundo cunha polaroid coa lagrimiña pingando. Quen me dera unha polaroid, agora que o penso...


E vós diredes, vale, moi ben, N2 totalmente controlado, pero qué pasa co resto de J no que estiveches perdida?

A verdade é que non estades pensando nada semellante porque non vos interesa, pero estamos ao que estamos.

∫ ≈ ∞, ∑!

É dicir, integrémonos e prosigamos, que tempo hai.


J= BCN+[K2-(R+A)]+F2

Pois si, meus queridos lectores, a comezos de xullo fun a Barcelona. E ben que o pasei, a pesar da sobredosis de antihistamínicos que levaba tódolos días e a combinación de pateadas incribles con calor mortal.
Ou sexa: unhas minivacacións en toda regla e moi contenta, moitas gracias. Vin todos os monumentos e cousiñas que había que ver, paseei a modo de reencontro zen comigo mesma (+mp3) polo Port Vell e polas Ramblas e subín a un monte en escaleiras mecánicas. Vós estaredes afeitos a que existan esas escaleiras, pero eu no. Ascendamos cara á obesidade e a flacidez... claro que sen elas, tira algo do ©.
Todo moi ben, obviando o nada inesperado retrasísimo de Iberia con cambio de avión incluído.
Temos documentos gráficos que serán colgados á maior brevidade. Desculpen as molestias.

Seguindo a fórmula pola orde que ten, que ao mesmo tempo é cronolóxica, direivos que esta finde pasada fun á casa:
K2-(R+A)
onde K2 é casa, R é o tinte rojo e A é a amigdala. A dereita, para ser exactos. E debería estar elevada a n tamén, pero agora que xa curou non me quero poñer quisquillas.
Pois alí fun. Viñeron buscarme os pais e así xa fumos levando libros (que teño uns cantos) e algo de roupa para a casa. Vin á xente, viñeron Iria e David con María e Fernando e celebramos o cumpleanos de Mami, que está de quince pero en realidade ten algún aniño máis.
E despois eu collín amigdalitis, co que os meus dous soñados días libres se convertiron nunha festa de Zitromax e Gelocatil. E fiebre, claro.

Pero, unha vez máis, agora xa foi Beluka non chores.

De volta na cidade olívica, con forzas renovadas, especialmente tras unha boa sesión de rebaixas e un gran concerto de Franz Ferdinand o xoves en Castrelos.


A verdade é que teño unha semana feliz a pesar dos pesares e non me poido queixar.
Nin sequera me vou queixar da calor, sobre todo porque en Vigo está bastante soportable e falar do tempo cando todo o mundo anda cocido perde moita gracia.

Non teño posta música, pero seguindo a vea nostálxica pre-despedida de Stefan, déixovos isto.
E bicos.


For what it's worth,
it was worth all the while.
It's something unpredictable
but in the end it's right.
I hope you had the time of your life.

Time of your life -- Green Day


P.D.- Antigo proverbio chinés: Si o pos de lao non ronca, pero de lao non s'aguanta.