// we don't look / like pages from a magazine / but that's all right // let's do it all imperfectly //

viernes, junio 30, 2006

Mira tú pa' o Bronco

Esta é unha entrada desas que unha ten que escribir. Das que, cando che pasa algo, dis "isto pa' o bló".

Podo comezar dicindo o que estaba facendo e a repentina sorpresa que me sobrecolleu, pero a cousa non foi así. Isto non ten nada de especial. Pero dalgunha forma terei que empezar.

Pois alí estaba eu, cal patacón sesteiro tirada no sofá, sen durmir (extra! extra!), vendo a tele e, se o Iago non tivera cambiado nun momento de sopor que tiven, estaría vendo Channel nº4 coma se me interesase.

Pero, cousas que ten a vida, Iago puxo Discovery Channel antes de marchar. E xa me tedes alí vendo Overhaulin'. Sempre vía os anuncios pero nunca me cadrara (porque se alguén sabe a qué hora botan qué no Discovery, que me avise, porque eu penso que sempre poñen o dos que viron fantasmas pegados ao teito e logo os abduciron).
[Para o que non saiba o que é, évos un programa co argumento básico de coller un coche chulo pero feito polvo e do ano da pera e refacelo todo. Pero o dono do coche non o sabe, dinlle que o levan para outra cousa ou que llo roubaron e logo danlle unha sorpresa.]

Pois non vou e me emociono!

En serio.

Emocionada de verdade. Supoño que como lle pasa a outra xente con Sorpresa, Sorpresa ou o Diario de Patricia ou nas pelis románticas. Si, señores, eu emociónome con Overhaulin'.

Pero é que tíñades que ver ao pobre Miles que deixara o seu Bronco clásico do 70 e pico para unha sesión de fotos e logo lle dicían que o famoso das fotos quería quedar con el (porque gastan bromitas tamén, para darlle emoción por se a alguén non lle gusta ver cómo lle dan 5 maos de pintura a un capó). E vai e sae da limusina o do programa (Miles sabía quen era, eu no) e Miles dáse conta de que é unha broma e lévano ver o Bronco renovado. (O Proceso!)

Ai, cómo se emocionou. E dáballe abrazos aos que pintaron a chapa, aos que puxeron tapicería, aos das rodas e a todo o equipo. Mesmo os había que viñeran dende Indiana para amañarlle o bon do Bronco! (pausa para admiración). E eu emocionada.

Logo van e danlle unha Fender decorada coas mesmas cores que o coche e despois de que abrace a todos oitocentas veces e lles dea as gracias outras mil dinlle que foi cousa da muller... e non vai e se pon a chorar!

Pois nada... que me sorprendín a min mesma... Seica si que amoso as emocións. Sempre e cando haxa un Bronco. Que se sale, por certo.





*E un regaliño para os amantes da cervexa (Co rato inclínase o vaso, un clic abre o grifo, outro clic péchao). Non é por fardar, pero conseguín unha "perfect biertje"... que está guay, vaia.



Don't you wanna ride in my
Survival car
We can take the long way home
Through Central Park

Survival Car -- Fountains of Wayne

lunes, junio 26, 2006

Nun lugar de Grah-'m'-beea', situado na Galaxia Beegoh...

... unha xove padawan pasa as páxinas dun xornal de aspecto gastado. As inclemencias da estación non deixan que os obxectos perduren neste planeta desolador. No entanto, a data da portada é a do día no que nos atopamos.

- Leo.

- Le logo.

- Non, oh, o horóscopo.

- A estas alturas xa deberías saber que a un padawan non lle afectan as inxenuas interpretacións de astros tan novos.

- Hasme deixar lelo, mestre rosmón?

- Le logo.

- "A túa capacidade resolutiva e de liderazgo é incuestionable. Os asuntos do corazón evolúen de día en día. Responsabilidade."

O mestre racha a rir. Mesmo se non cre nas afirmacións do xornal, a xa habitual ironía da columna do horóscopo para co signo zodiacal da padawan non deixa de ser graciosa.

- Homenonmejodas...

- Atinou, ou?

A ollada cargada de ira da padawan inspira unha nova gargallada no seu mestre.

- O do corazón non ten por que ser mentira... Ti imaxina que empeza hoxe... mellor que onte has estar, peor non pode ser... Iso é unha evolución...

O mestre jedi ri tanto que semella que as súas meixelas, arroibadas, vaian estoupar dun intre a outro. Agarra o estómago cunha man coma se fora partirse en dous e dá golpes na mesa co puño. O son do seu riso retumba no cuarto de paredes ennegrecidas polo paso dos anos.

- Cuidao non vaia resolvelo liderando un exército... Que seica é o meu...

- Non bromees co lado escuro, non quererás caer nel...

- Nah, non vaia tropezar sen luz.

- Confío na túa responsabilidade, Beluka Kenobi...

- Xa, por iso 'tou aí facendo o traballo de 3 esta semana... Como siga quedando ata as tres na oficina máis días voume queixar, Mestre, que sendo padawan non teño por que currar tanto... si nin cotizo! Nin me pagan a tempo! A ver se a forza lle di ao consello jedi que contabilidade vai con retraso...

- Teño entendido que che pagaron parte da aprendizaxe que impartiches aos novos padawans... Sabes que un jedi non ansía o material, o capitalismo e o materialismo poden levarte ao lado escuro...

- Non lles foi sen tempo! Moito lado escuro, moito lado escuro, señor túnica de Gucci...

- Debes respectar aos teus maiores e superiores... E é de Chainataun, un jedi non gaña pa' Guccis de verdade...

Beluka Kenobi érguese da cadeira e alisa a camisa con ambas mans.

- Onde vas?

- Comprar CDs antes de que apliquen o canon novo, que teño que baleirar o disco duro.

E, sen máis, a padawan saíu do cuarto deixando atrás ao seu mestre, que axitou a cabeza con resignación e apertou a tempa esquerda soñando coa xubilación anticipada e un bungalow en Bora-Bora.

B.S.O.: Ani Difranco, Live in Paradiso, 7/12/2002

E a señorita Loeb queda fóra... Os alter egos están tontos...

domingo, junio 18, 2006

Let's do it all imperfectly




i'm o.k.
if you get me a good angle
you're o.k.
in the right sort of light
we don't look like pages from a magazine
but that's alright


Hoxe teño pouco que dicir.

Tiven o venres libre e aproveitei para saír o xoves.

Vigo mítico e relax. Heino botar de menos, seino.

We can try, try each other on...
we can kiss, kiss goodnight...

Ontes deume por pensar, a iso das 3 da mañá (que non é boa hora para pensar), que o curso se acaba e comeza a tristeza dos erasmus que marchan... Case non me quedan fins de semana desa absurda pero agradable monotonía de ver as mesmas caras na Bola.

E Susana e Flora deixan o Baol.

Despedidas, despedidas...

Non teño activas as neuronas que me compoñen frases e non sei qué vou comer.

E a señora Kostova acaba de joder o libro, para o meu gusto, aló pola páxina 628.

i'm gonna turn
and walk away
you can wait
till i am far along
then run and come
and catch my arm
and say you'd die
if i were gone
i want to hear you
call my name
it's too easy
ust to say it soft
i don't like my language
watered down
i don't like my edges
rounded off


Si é que no fondo son unha repelente.

:D Schmuik


______________________________
Nota: Iria, pensei ao poñer as letras estas que podían ser unha pouco sutil maneira de lembrarche RENDER para o cumple de novo ;)

QRT meine kleine Schwester

martes, junio 13, 2006

El Sopor

Iso é todo o que sinto nestes momentos.

Sopor.

Claro que a culpa é miña por ignorar ao despertador despois dunha ben merecida* sesta que acabou durando dúas horas. Estoume tomando moi a peito as tardes pseudo-sabáticas que me regalei para o que queda do mes de xuño.


No entanto, limpar é un must.


De mañá, se cadra.


Se o tempo anima máis, tamén. Porque hoxe no CUVI houbo monzón. Sen esaxerar. Ao anunciarse tormenta eu xa contaba cunha coma a de Cervo do venres: xarreada de auga e logo volta á normalidade.
Pero non. Aquí cando chove, chove. E venta, para que chova en horizontal.


Ai.

Para que estenderse máis se os folgos mo impiden?

Vou cocer merluza.


Apertas partout.




Are you changing, are you changing, are you changing.
Do you know it, do you feel it, do you know it.
But you're waiting, why're you waiting, why're you waiting.
Just do it, whatever it is.
There are secrets, there are secrets, there are secrets.
There are places, there are places, you can go to
they might tell you, yeah they'll tell you, that you shouldn't
just do it, whatever it is, whatever it is,
just do it, whatever it is, whatever it is,
go do it, whatever it is, whatever it is,just do it, whatever it is.

Whatever it is -- Ben Lee


"I can’t help but to immediately begin to shape sentences when I see something amazing. It’s my way of feeling like I’m actually standing or lying here with someone. It’s always been my best friend and counselor. It’s the reason that I’ll probably be single for the rest of my day, the reason that I eat ice cream twice in the average night, and it’s how I celebrate every aspect of my spiritual self. This is the reason I am on this adventure" Jason Mraz, Journal**

____________________________
* Sempre a adxectivo igual, non si?
** Quen me regala a este home polo cumple?